SEMANA DE PASCUA

Pola Pascua pintamos con chocolate, fixemos merendas especiais en clase e na cafetería, buscamos e decoramos ovos, cantamos e despedímonos cun picnic!

                     8-M

No noso cole tamén queremos deixar pegada nun día tan sinalado.Entre tod@s elaboramos un mural e un poema no que poñemos en valor a identidade da muller en relación cos catro elementos.Ademáis quixemos reflexalo cun taller de Biodanza impartido pola mestra Sara Rodriguez no que vivenciamos xogando e danzando con distintas dinámicas a importancia de coñecernos e desenvolvernos a través do movemento,mirándonos dun xeito integrador.

A NOSA ROSALÍA ELVIRA RICO

O 23 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro.Este ano ,decidimos conmemorar esta data coñecendo un poema da Portonovesa Elvira Rico,unha muller que compaxinaba as labores de atar,a horta ,a lectura e a escritura.

Foi un día de moitas emocións xunto coas súas fillas Elvira e María.

TOLEAMOS CO ENTROIDO!

Non é para menos... Moitos días de festa nos que fixemos manualidades, seguimos as ordes do Meco, desfilamos polo pobo e ata enterramos a nosa sardiña!!

PREPARAMOS O ENTROIDO...

Un ano máis queremos desfrutar desta tradición. E para preparar os nosos disfraces contamos co traballo de alumnado, mestras e tamén das familias! Grazas!! 🧡


30 DE XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Pintamos cas cores da terra,recitamos unha poesía,cantamos e bailamos.Pero o mellor é compartir estas actividades cos nosos compañeiro/as.

Que todos os días sexan días de paz.


CHEGAN AS VACACIÓNS

Na última semana do cole vivimos moitas experiencias.Entregámoslle as nosas cartas a Papá Noel e os Reis Magos,vimos   o bonito que quedou o cole coa decoración de Nadal que  colocou Alfonso e os nosos compañeiros de primaria e  o último día cantamos panxoliñas e disfrutamos dunha rica chocolatada que prepararon voluntarios  e as persoas que forman  o A.N.P.A.

Grazas a todos por facer unha semana máxica¡¡

 CANTANDO XANEIRAS

Saímos polo pobo a cantar xaneiras e gustounos moito esta experiencia. Esperamos poder repetir o ano que vén.

25-N

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Os peques de Infantil puxeron o seu gran de area a través de diferentes actividades para defender os dereitos das persoas e reivindicar o bo trato e a non violencia.


2O-N

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA.

         "IDENTIDAD"

Os peques de 4º falamos dos dereitos dos nenos e nenas e centrámonos no Dereito de ter un nome,xa que  ultimamente estamos moi motivados aprendendo as letras dos nomes dos compis  .Lemos dous contos e grazas a participación das familias todos contamos as preciosas  historias de porque escolleron ese nome para nós.

POR FIN... MAGOSTO!

E aquí outra das nosas cobizadas xuntanzas... Xogos, bailes e merendola! Grazas familias pola vosa axuda e participación!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

  Mirade o ben que o pasamos realizando un experimento sobre a permeabilidade do chan! 

 ENCÁNTANOS O SAMAÍN

Por fin chegou unha das nosas festas favoritas! Este ano pasámolo terroríficamente ben. Tivemos maquillaxe, xogos, merenda monstruosa, contacontos e ata un feitizo.