TRATAMENTOS SILVÍCOLAS



Profesora: Carme Míguez Nóvoa

BENVID@S AO NOVO WEBSITE!!!

Nesta páxina subiranse os contidos, cuestionarios, tarefas, enlaces de interese e documentos de apoio relacionados coas Unidades Formativas:TRATAMENTOS SILVÍCOLAS e DESPRAZAMENTOS E TRABALLOS EN ALTURA pertencentes ao módulo de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas durante o período que dure a suspensión de clases ordinarias por causa da situación de emerxencia sanitaria derivada do COVID 19.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes comunicarvos coa profesora a través do correo electrónico plantalandia@gmail.com.

A proba Extraordinaria de recuperación de Xuño considérase aprobada, cando se obteña unha calificación superior a 5 en cada Unidade didáctica avaliada

RESUMO ALUMNADO CON PARTES PENDENTES DA UF: SILVICULTURA E TAREFAS ENTREGADAS E PENDENTES DE ENTREGAR. As notas en vermello e o que aparece como Navaliada son as partes que cada alumn@ deberá recuperar no Exame extraordinario do 12 de Xuño ás 10:00h. O prazo de entrega das tarefas non realizadas é o 12 de xuño ás 9 horas, as tarefas deberan ser manuscritas entregadas por correo electronico con indicación en cada unha dela Número, Título e nome do alumn@. Correo: plantalandia@gmail.com

EXAME EXTRAORDINARIO RECUPERACIÓN DE XUÑO para alumnado con partes pendentes da Unidade formativa de SILVICULTURA. Venres 12 de Xuño ás 10:00h

Importante!!!!!: No caso de alumnos con partes do módulo suspenso (1º e/ou 2º trimestre) que ademais durante o terceiro trimestre non seguiu as actividades propostas nin presentaron os traballos correspondentes nin superaron as probas (ou algunha delas) relacionados cos CA mínimos asignados á 3ª avaliación, deberán entregar as tarefas do 3º trimestre como data límite o mesmo día da Proba extraordinaria de Xuño antes das 9:00h.

Nesta proba incorporaránse os contidos desenvoltos durante o terceiro trimestre non superados ademais dos correspondentes ao 1º e/ou 2 trimestre (segundo o caso), os CA atribuidos ao 3º trimestre terán un peso do 20 % e contribuirán a un incremento positivo da calificación obtida para os criterios de avaliación asignados á 1ª e 2ª aval.

No caso do alumnado que tras a realización da proba extraordinaria de Xuño, teñan superado os criterios correspondentes ao 1º e 2º , pero non superen os Criterios de avaliación mínimos asignados ao 3ª trimestre (actividades, traballos esixidos e probas escritas), terán que realizar estas mesmas tarefas e probas ou as que se consideren oportunas e ser avaliados dos correspondentes CA de forma excepcional dentro dun módulo de segundo Curso ou nun módulo independente en función de como se estruture o próximo curso escolar 2020/2021

A proba Extraordinaria de recuperación de Xuño considérase aprobada, cando se obteña unha calificación superior a 5 en cada Unidade didáctica avaliada , así mesmo deberán ter acadado os CA mínimos asignados na Programación do módulo para o curso 2019/2020 para cada unha das Unidades didácticas.

EXAME PDA: Martes 16 de Xuño ás 9:00 h

A proba Extraordinaria de alumnado con Perda de Dereito de Avalización contínua de Xuño considérase aprobada, cando se obteña unha calificación superior a 5 en cada Unidade didáctica avaliada (correspondentes ao 1º e 2º trimestre), así mesmo deberan ter acado os criterios de avaliación mínimos asignados na Programación do módulo para o curso 2019/2020 para cada unha das Unidades didácticas. Nesta proba incorporaránse os contidos desenvoltos durante o terceiro trimestre, os Criterios de avaliación atribuidos ao 3º trimestre terán un peso do 35% e contribuirán a un incremento positivo da calificación obtida para os CA asignados á 1ª e 2ª aval.

Estes alumnos deberán entregar de forma telemática con prazo máximo 3 días antes da proba Extraordinaria as tarefas avaliables asociadas ao terceiro trimestre, posibilítase entreglas con anterioridade a este prazo.

No caso do alumnado que tras a realización da proba PDA de Xuño, teñan superado os criterios correspondentes ao 1º e 2º , pero non superen os Criterios de avaliación mínimos asignados ao 3ª trimestre (actividades, traballos esixidos e probas escritas), terán que realizar estas tarefas e probas ou as que se consideren oportunas) e ser avaliados dos correspondentes criterios de avaliación de forma excepcional dentro dun módulo de segundo Curso ou nun módulo independente en función de como se estruture o próximo curso escolar 2020/2021 e avaliaranse nas condicións que se establezan na programación do próximo curso para dito módulo.

Para acceder á páxina antiga podedes pinchar no seguinte enlace: Plantandoarbores