UD2. Especies forestais de interese nas zonas atlánticas

Obxectivos:

Os obxectivos de esta unidade son:

1. Identificar as características morfolóxicas mais relevantes de especies forestais arboreas e arbustivas

2. Explicar, organizar, supervisar e efectuar as operacións de recollida, manipulación e conservación de follas e froitos de diversas árbores e arbustos forestais da súa contorna próxima

3. Identificar e clasificar diversas especies de interese forestal recollidas.

4. Analizar a normativa vixente sobre a calidade do material vexetal forestal

5. Identificar as condicións de calidade esixidas para as plantas a raiz espida e en envase empregadas nas repoboacións

6. Identificar os factores que inciden na calidade das sementes empregadas nas repoboacións.


Apuntes da UD2. Calidade do material vexetal

UD2_CALIDADE DO MATERIA VEXETAL.pdf

Cuestionario UD 2

A continuación poderedes descargar un cuestionario sobre os contidos do tema:

Boletin Ud2 alumnos.pdf

Páxinas a consultar

  • Neste enlace podedes consultar o catálogo nacional de materiais base.

https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/politica-forestal/recursos-geneticos-forestales/rgf_catalogo_materiales_base.aspx

  • Neste enlace poderedes consultar o MFR autorizado por zonas e por especie entre outros filtros. Botadelle un ollo, nuns días enviareivos unha actividade que sí quero de volta na que teredes que empregar este buscador.

https://ovmediorural.xunta.gal/es/consultas-publicas/materiales-forestales-de-reproduccion

  • Neste enlace poderedes ver como se levan a cabo a selección de proxenitores e ensaios de mellora xenética, neste caso do pino marítimo.

https://lourizan.xunta.gal/es/centro/departamentos/departamento-de-silvicultura-y-mejora/recursos-geneticos/materiales-de-reproduccion/pino-maritimo

  • Artigo sobre o control de calidade da planta forestal publicado na páxina do Serida (Servicio Regional de Investigación y Desarrollo Agroalimentario, do Principado de Asturias)

http://www.serida.org/publicacionesdetalle.php?id=01521


Tarefa de procura. Semana 14 ó 17 de abril

Para esta tarefa empregaremos o buscador do Rexistro Galego de Materiais de Base, no cal podedes consultar filtrando por zona de procedencia, especie, categoría de MFR e tipo de MB.

https://ovmediorural.xunta.gal/es/consultas-publicas/materiales-forestales-de-reproduccion

Recórdovos, como xa vimos no tema, que:

- MFR (Material Forestal de Reprodución) son as sementes, plantas, partes de plantas e froitos que podemos empregar para a multiplicación das especies forestais e dos seus híbridos.

- MB (Material Base): Son as fontes das que poden proceder os MFR que vai dende fonte sementeira ata mestura de clons, de menor a maior selección xenética.

Dito esto, quero que consultedes no buscador e me deades resposta as seguintes cuestións. Para buscar a información debedes ir filtrando nas catro pestanas situadas na parte superior, elixindo as opcións que eu che indico, en función do que selecciones veras uns listado ou outro, así que fíxate ben nas miñas indicacións:

1. Na zona de procedencia Galicia, dime que tipos de MB e MFR podemos atopar para o Quercus rubra.

2. Dime en que concellos de Ourense da zona: Montañas e mesetas interiores de Galicia podemos atopar fontes sementeiras de Castanea Sativa.

De eses concellos cal é o que está mais próximo a teu domicilio?

3. Dime de que especies podes atopar MFR de categoría seleccionado e que tipo de Material Base son.

Entre unha búsqueda e outra, lembrade, darlle a "Limpar" para comezar de cero, e poder fixar os filtros da seguinte procura.