UD4. Operacións de mantemento do tractor e dos equipamentos de tracción

Obxectivos

Os obxectivos de esta unidade son:

1.1 Identificar os riscos xerados da actividades no taller a nas operacións con maquinaria.

2.1 Xestionar segundo a lexislación os residuos perigosos para as persoas e para o medio ambiente


Apuntes da unidade

UD4 MANTENIMIENTO.pdf

Tarefa da semana do 27 ó 30 de abril: Xestión do mantemento.

Esta semana comezaremos centrándonos nas páxinas da 1 á 25. Nelas cóntovos:

- Os diferentes tipos de manuais que temos e que información podedes atopar en cada un.

- Organización do mantemento: aquí veredes as normas xerais que debemos seguir para a organizar e xestión do mantemento, a planificación en función das horas de traballo ou por consumo de combustible e finalmente os tipos de rexistro que debemos empregar para levar un control das operacións de mantemento. Tamén poderedes ver varios exemplos de estes rexistros.

Una vez que lerades os contidos, a actividade de esta semana consiste en realizar un esquema dos mesmos. Dende principio de curso vistes como se fan, así que quero que vos esforcedes, o meu levoume dúas caras dun folio, con esto quero que vos fagades unha idea do que estou a pedir.

Prazo de entrega: ata o próximo luns 4 de maio.



Tarefas da semana do 4 ó 8 de maio: Mantemento sistema de lubricación

  1. Avanzar nos contidos dende a páxina 26 a 42, a maioría das páxinas son fotos. Trátase de que fagades unha lectura comprensiva, anotando as dúbidas que vos poidan xurdir e despois elaboredes un esquema.

O que veredes será o mantemento do sistema de lubricación do tractor:

  • Coidados mínimos.

  • Tipos de aceite

  • Pasos a realizar no cambio do aceite e filtro do tractor.

  1. Ver o vídeo explicativo sobre o cambio do aceite de 7:09 de duración, o que tamén podedes acceder na páxina 43 do tema, e contestar as seguintes preguntas. As respostas poderedes obtelas do vídeo e dos contidos vistos ata agora.

  • Describe os pasos necesarios para o cambio de aceite e filtro (segundo o vídeo).

  • Enumera materiais e ferramentas necesarias (segundo vídeo).

  • Como comprobamos o nivel de aceite?.

  • Que datos necesitamos para poder mercar o filtro que necesitamos para o noso tractor e onde os conseguimos?

Prazo de entrega: Luns 11 de maio.

Tarefas da semana do 11 ó 15 de maio: Mantemento sistemas de alimentación, admisión e refrixeración.

Esta semana centrarémonos nas páxinas da 44 a 62 do tema. Veremos o mantemento dos sistemas de alimentación, admisión e refrixeración. As tarefas a realizar son:

- Esquema dos contidos, onde se poidan ver as operacións a realizar en cada una dos sistemas nomeados.

- Resumo de pasos para realizar a limpeza do filtro de aire bañado en aceite e ferramentas necesarias, despois de ver o vídeo de limpeza do filtro de aire bañado en aceite.

Nos apuntes do tema podedes acceder a mais vídeos sobre operacións de mantemento. Anímovos a botarlle un ollo a todos os enlaces que vos inclúo, para que poidades ampliar a información.

Prazo de entrega: Luns 18 de maio.

Para calqueira dúbida quedo a vosa disposición.

Tarefas da semana do 18 ó 22 de maio: Mantemento sistema eléctrico e Pneumáticos.

Imos rematar cas operacións de mantemento, quédanos moi pouquiño, centrarémonos nas páxinas da 62 á 75, nas que veremos o mantemento:

​- Sistema eléctrico

- Pneumáticos

- Na páxina 75 podedes ver dous vídeos sobre as operacións que estivemos vendo ata agora. Son vídeos antigos pero moi interesantes.

1º A primeira tarefa consistirá, como levamos facendo ata agora, na lectura comprensiva dos contidos e posterior esquema do mesmo.

2º A segunda tarefa consistirá no manexo do manual do tractor do centro. Nas dúas primeiras páxinas tedes un cadro onde se recollen as tarefas por número de horas de funcionamento. Algunhas como a limpeza do filtro de aire non so se realizan nos mantementos indicados na táboa, senón que vai depender das condicións de traballo do tractor, como vos explica o principio de todo. Cada vez que saiamos co tractor e traballemos en condicións de moita poeira, deberemos chegar e limpar o filtro de aire.

Botando man de dito manual deberedes contestarme as seguintes preguntas:

1. Cal é o aceite recomendado para o noso tractor (modelo 26) e cuantos litros precisamos?

2. Cada cantas horas nos recomenda realizar o cambio de aceite?

3. A que horas de funcionamento deberemos cambiar o filtro de aire seco?

4. Cando repostemos, deberemos encher o depósito totalmente? Por que?

5. Cales son os pasos para a substitución do filtro de combustible?

6. Indica cal é o proceso de apertura do tapón do radiador cando está quente.

7. Para limpar as aletas do radiador empregamos aire comprimido, en que sentido? De dentro cara fóra ou de fóra cara dentro?

8. Como xa comentamos o manual indícanos limpar o elemento primario de filtro de aire, a primeira vez as 50 horas e despois cada 250. Pero, ademais de lembrarnos nos de limpalo cando traballemos con moito po, temos algunha outra forma de saber que é preciso limpalo antes do mantemento?

9. Si comprobamos que o nivel do electrólito da batería do noso tractor esta baixo, que debemos facer?

10. Cuantos puntos de engrase ten o noso tractor e onde se atopan (modelo 26)?

Prazo de entrega: Luns 25 de maio.

Manual mantemento Solis 20 26.pdf

Tarefa da semana do 25 ó 29 de Maio: Procemento de investigación de avarías

- Lectura comprensiva dos contidos do tema da páxina 76 a 92, e posteriormente realizar o esquema, anotando dúbidas se as houbera.

Prazo de entrega: luns 1 de xuño.