Outras actividades

cadernos de campo

Traballo proposto desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía

Imaxes do caderno de campo de Leire Camiña - 1º B

Imaxes do caderno de campo de Vera Agulla - 1º B

Imaxes do caderno de campo de Catalina González - 1º A

Imaxes do caderno de campo de Mariña Fernández - 1º A

Diario botánico

Traballo proposto desde a materia de Lingua e Literatura Galega

Diario dunha xesta

Eu son unha xesta, e vivo en Beluso. Sitúome no Monte Solitario. A miña vida é un aburrimento total, xa que eu só podo mirar un camiño no que non pasa ninguén. O único bo é que podo aproveitar da sombra, e de boas borrascas, xa que é un sitio moi despexado de árbores.

O 1 de maio é o día que máis odio de todo o ano, xa que ese día collemos moita fama nas aldeas de Galicia. Ese día, antes do amencer, sempre nos visita un ancián e cóllennos unhas amigas que viven conmigo. Xa que a min úsanme para curar feridas e outras enfermidades, dubido de que alguén sempre está enfermo todos os anos, o mesmo día e á mesma hora.

O meu obxectivo deste ano, é saber porqué sempre o 1 de maio nos arrancan un anaco moi grande de nós.

Brais Piñeiro 1º A

Son Paco, a estruga

Ola, hoxe vouvos explicar como son os meus días no monte “Cabo Udra”. Eu todos os días convivo con moitisímas plantas como por exemplo: o mexacán que é o meu mellor amigo e ademais é o meu veciño, as silvas estas son moi malas e fan moita bulla no seu territorio.

Eu teño unha casa moi bonita xusto no miradoiro de Cabo Udra este é perfecto porque sempre que chove estou arriba en todo nunha pedra pero claro nun sitio onde haia herba porque ou, se non, morro porque non vou a poder beber nin comer, pero por sorte si. É perfecto porque tamén chove e como estou arriba en todo non me tapa nada e podo beber tranquilo pero cando hai sol tamén pasa o mesmo que cando chove, pero hai unhas vistas preciosas desde aí onde vivo. Onde estou ven moita xente e podo as picar cos meus piquiños cheos de veleno, non son mortal, pero deixo un picor bastante molesto pero tamén deixo unha especie de grans grazas ao meu veleno. Deixouvos aquí o meu diario para que o leades ben e para que veades como é o día dunha planta que vive en Cabo Udra xusto en fronte da Illa de Ons e tamén vos invito a visitar Cabo Udra e a Illa de Ons.

Xoel Portela 1º A

A faia Carmela

Buff, que calor vai hoxe, aínda que dende aquí podo ver que aló en Cangas hai nubes, oxalá estivese alí, aquí non se aguanta e os bechos que teño debaixo nun banco tomando a sombra sábeno ben. De verdade que hai que ter valor para aproveitarse de min e dos meus compañeiros, que non nos podemos mover, e sentarse aí tan “panchos”. Ás veces son bos acompañantes que fan que esteamos limpos e esas cousas pero a verdade é que grazas a eles o mundo vai así, morreremos por culpa deles e do lixo que continuamente tiran ao chan, coma se estiveran fertilizando ou algo.

Ademais tememos todos os días pola nosa vida, non será por veces que vira eu incendios dende aquí. Non sei quen se cren, que eu levando aquí moito tempo máis ca eles non poida elixir nin facer nada porque paren, é vergoñento. E os animais que van xunta eles, mimá! eles si que son malos, bótanme abono seguido, e o mexo déixame un mal olor impresionante.

Ademais da súa contaminación acústica que nós pretendemos reducir. Non temos dereitos ou que? En fin, no parque grande no que estou, que me parece que lle chamaban Castrelos, teño moitos compañeiros, aínda que algúns son moi pequerrechos, é moi agradable abanearse xunto eles e que as nosas follas se choquen. Polo menos algo bo nesta triste vida.

Leire Camiña B


Diario dun carballo

Son un carballo estou en Chans. Teño 120 anos, aguanto ben, agora están a plantar eucaliptos por todos os lados, case son as únicas árbores que vexo dende o meu punto de vista, eles toman demasiada auga e case non podo beber. Teño que esperar a que chova e nestes tempos xa non chove tanto coma antes, queren cortarnos para plantar eucaliptos. Hoxe vin a xente a cortar uns da miña especie e achegáronse a min e tiven medo, normal, non me quixeron cortar porque estou un pouco podre, a xente está a facer estragos coa nosa especie e plantan eucaliptos porque dan máis cartos ao crecer máis rápido ca nós. Eu teño 120 anos e algúns eucaliptos de 30 anos xa son tan grandes coma min, mais cos eucaliptos pequenos síntome forte e grande, aínda que algunhas veces penso en que, de maiores, serán máis grandes ca min. Unha cousa que non teñen os eucaliptos son as landras coma as que teño eu, moitos animais comen as landras e sobreviven, e cos eucaliptos algúns animais viven deles? NON aínda empeoran as súas vidas, a xente que come no monte e quere sombra, vai comer debaixo miña, os eucaliptos poden proporcionar iso? NON.

Teriamos que reflexionar e parar de cortarnos e plantar máis carballos porque para a natureza son mellores. Os eucaliptos son bos para gañar cartos con eles. FORA EUCALIPTOS DOS NOSOS MONTES!

Román ParadaB

Diario dunha estruga - Catalina.pdf

Mariña Fernández 1º A

Mariña Corrección diario toxo.pdf

Catalina González 1º A

Traballos artísticos

Traballo proposto desde a materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual

O alumnado traballou a metáfora visual utilizando, como imaxes de referencia, distintas mostras prensadas e fotografías de libros de plantas. Tras observalas con calma fixeron un remuíño de ideas individual, establecendo relacións de semellanza entre as plantas, ou algunha parte delas, e calquera outra forma que lles viñera á cabeza. Despois de anotar todos os símiles, e de debater e compartir cos compañeiros as ideas, fixeron bosquexos unindo a planta á forma coa que a relacionaban.

Amosamos algúns dos resultados acadados nesta actividade.

#sonmonte

Traballo proposto desde as materias de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica Visual e Audiovisual

#SonMonte. O monte na memoria colectiva e #SonMonte. E ti que pintas no monte?, son dúas creacións audiovisuais realizadas no noso centro durante o curso 2020/2021 co alumnado de 1º ESO, que resumen un fermoso proxecto interdisciplinar, artellado a partir da valorización do monte como patrimonio cultural.

Para levalo a cabo, os departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica Visual e Audiovisual, coa colaboración do equipo da Biblioteca, Dinamización Lingüística, a dirección e demais profesorado do centro, planificaron diferentes bloques de actividades que foron desenvolvidos ao longo dos dous primeiros trimestres do curso: #CantaroMonte, baseouse na procura e interpretación de cantigas populares galegas, #TocaroMonte centrouse na exploración e creación de sons da natureza, #PensaroMonte botou man de rutinas de pensamento coas que o alumnado creou lemas de concienciación social, #CoñeceroMonte focalizou as súas actividades na elaboración dun caderno de campo e en diferentes charlas científicas, #FotografaroMonte e #DebuxaroMonte procuraron o rexistro visual e a interpretación artística das formas e cores atopadas nos distintos roteiros realizados pola contorna.

Con todo o material traballado elaboráronse as dúas creacións audiovisuais, #SonMonte. O monte na memoria colectiva, que deixa patente, fundamentalmente, o traballo feito coas fontes orais e a creación de sons da natureza e #SonMonte. E ti, que pintas no monte?, unha animación a modo de cadáver exquisito, na que se reflicte o traballo feito polo alumnado nos cadernos de campo.

Para a realización deste proxecto, os departamentos implicados contaron coa colaboración de moita xente que aportou información, letras de cantigas, gravacións... A Martiño Malleiro, Teresa Domínguez Domínguez, Felicitas San León Martín, Jesús Rodríguez Rodríguez, Francisco Abollado Fernández, Ana Justo e a todos os familiares do noso alumnado, queremos agradecer a súa xenerosidade polas achegas que fixeron posible este traballo.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e máis a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional outorgaron a este proxecto un premio na última convocatoria de innovación educativa en dinamización lingüística.