herbario

Recollida de mostras, prensado e etiquetado



No 3º trimestre, nas distintas saídas organizadas polo centro, facemos prácticas de recollida de mostras, etiquetado e prensado. No laboratorio do instituto organizamos todo este material que vai servir de exemplo para que o alumnado, tras a realización das entrevistas, recolla as súas propias mostras para facer o labor de prensado e etiquetado de xeito autónomo.

As plantas incorporaranse ao herbario do centro e, ao final de curso, presentaremos nunha exposición todo o material elaborado.

Modelo de etiqueta do noso herbario

USOS DAS PLANTAS


Unha parte do noso alumnado decidiu elaborar algunha das receitas recollidas nas entrevistas.

Daniela, Mariña e Catalina explícannos, nestes tres vídeos, as plantas que precisamos para preparar o cacho de San Xoán.