entrevistas

formulario

Para a recollida de información nas entrevistas que facemos, utilizamos un formulario no que anotamos datos coma o código da planta, o noso nome e o da persoa informante e a información sobre a planta: nome, lugar de recollida, usos...

Toda a información recollida subímola á aula virtual do Fitofaladoiro para centralizala.

Aula Virtual do Fitofaladoiro

A información proporcionada polos informantes rexistrámola nunha serie de táboas deseñadas pola organización do Fitofaladoiro, nas que ademais dos datos básicos das plantas e enquisas, recóllense outros documentos aportados polo alumnado, como fotografías das plantas antes de ser recollidas, fotografías das plantas prensadas e audios e vídeos realizados nas entrevistas.


entrevistas

Presentamos aquí unha pequena mostra dos vídeos gravados polo noso alumnado nas entrevistas.