Caramiña (Corema album)
Paxariños amarelos (Linaria aguillonensis), coñecida pola súa rechamante cor amarela.
Destaca a presenza da Caramiña, que dá nome á vila, Camariñas. É a localización principal desta especie en Galicia. Estes ambientes albergan un gran número de especies pouco comúns nos demais territorios galegos.
Esta planta tamén é coñecida como ollo de peixe pola sua forma característica de esfera.
Paxariños amarelos (Linaria aguillonensis)
Este espazo natural é de especial interese pola súa avifauna, en particular polas súas poboacións de aves mariñas, que se concentran para nidificar (facer niños) principalmente nos illotes de Cabo Vilán.
O illote Vilán de Fóra é o lugar preferido para aniñar de varias especies en perigo de extinción como a gaivota tridáctila.
Toda esta costa é un área de tránsito regular e estacionamento de centos de miles de exemplares doutras especies de aves mariñas migratorias e invernantes (pardelas, alcatraces, cormoráns, arádevos, gaivotas, charranes...).
Alcatraz (Morus bassanus)
Illote de Vilán de Fóra
Cormorán (Phalacrocorax sp.), coñecido polo seu estilo de pesca no que se mergulla a gran profundidade para atrapar os peixes.