CARACTERÍSTICAS


Faro do Cabo Vilán de día e de noite


Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar os 55 km. de lonxitude que son unhas 29,6976 millas náuticas. É o faro eléctrico máis antigo de España. Foi construído no 1896, proxectado polos enxeñeiros Francisco Lizarraga e Adolfo Pequeño, é un dos de maior alcance de Europa, ademais foi xunto co de Fisterra o primeiro radiofaro, emitía sinal radioeléctrica en código morse. Este faro ilumina a zona máis perigosa da Costa da Morte.

O faro primitivo tiña unha torre de cantería que alumeaba a 7 m do chan e a 64 do mar. Luciu por primeira vez o 10 de xullo de 1854.

Nas súas orixes seis fareiros, un maquinista e un fogoneiro atendían a construción. Diante do faro e unido a este por un túnel, construíuse un edificio para vivendas. Nel hai un un pequeno museo onde se garda a primera lanterna utilizada.

O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é Monumento natural.

Son bastantes as persoas que perderon a vida preto deste cabo nos diferentes naufraxios.