Confesa que “ser fareiro” é unha profesión de homes, cando ela comezou nos anos 70 só había outra muller en España. Hoxe en día a profesión de fareiros que viven en faros está en vías de extinción. Na actualidade a localización por satélite cobre moitas das funcións dos faros. A maioría están automatizados e o Estado planea transformalos en hoteis e restaurantes.