Restos dos muíños en primeiro plano
Corredoira que leva á sirena acústica
Dende o faro ao muíño son 750m, é dicir, 8 minutos a pé.
Moa do muíño
É un pequeno grupo de muíños hidráulicos instalados na espectacular Estaca de Bares, o punto máis ao norte da Península Ibérica.
Aproveitando un pequeno curso da auga e a configuración do terreo, o conxunto de muíños de Bares constitúe un magnífico exemplo do aproveitamento dun recurso escaso. Os muíños vanse encadeando entre si e descendendo pola cada vez máis acusada pendente do acantilado ata o mar. Unha pequena corredoira comunica a serie de edificios e de canalizacións da auga ata conformar unha sucesión case vertical no impresionante paraxe de Estaca de Bares.
Inmediatamente á beira dos muíños hai un observatorio ornitolóxico. O espazo marítimo e terrestre de Estaca de Bares está incluído, con varias figuras, na Rede Natura 2000, e é un lugar ideal para a observación ornitolóxica, pola confluencia de varias rutas migratorias de aves.
Moi preto encóntrase tamén uns edificios abandonados, sinalizados como antiga central eólica. Aínda que é certo que nesta paraxe emprázase na década de 1980 a primeira central eólica de Galicia, segundo algunhas fontes de información estes edificios corresponderían a unha base militar de comunicacións.
Seguindo a estrada que dá acceso a estes elementos pódese chegar tamén ao antigo semáforo de Bares, convertido hoxe en hotel, desde o que gozar dunha magnífica panorámica de Ría do Barqueiro.
Estes pequenos edificios de patrimonio indiscutible e valor etnográfico, encadeados, descenden en fervenza pola inclinada vertente do cantil...
Desafortunadamente, o estado de conservación que presentan non é bo, só un dos muíños mantén a súa estrutura orixinal intacta, os demais mostran máis dun dano significativo, nos seus tellados e nas súas paredes. A rede de tubeiras de auga apréciase con bastante claridade, aínda que tamén está algo abandonada; ou o plan rectangular con teito a dúas augas que usaban os edificios, e sobre as que se levantan dúas alturas. Na parte inferior atópase o inferno do muíño, onde se sitúa o rodicio, unha roda con pezas de madeira nalgúns casos e metal noutras, colocadas horizontalmente. Na parte superior está a roda, que xira nun pé para moer o gran.
O observatorio ornitolóxico
O de Estaca de Bares é un dos mellores observatorios ornitolóxicos de España. Atópase cerca do faro, á beira dunha antiga base militar. Entre setembro e decembro convértese no enclave ideal para asistir á migración de especies mariñas e terrestres. Procedentes do Atlántico, do Mediterráneo e do Ártico, por aquí pasan máis dun millón de aves cada ano. De todas destaca o alcatraz atlántico, a pardela pichoneta e cincenta.
Esta estación é unha instalación dependente do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña. É de uso público, previa solicitude e autorización do propio servizo. Pódese durmir nela, cun número máximo de catro persoas. Dispón de cociña, aseo, baño, auga quente e liteiras para descanso.
É un edificio de pedra construído case á beira dun cantil duns 15 metros de altura sobre o mar. Como comentamos anteriormente a punta de Estaca de Bares é unha excepcional plataforma para observar as trasfegas das aves mariñas.
Esta é a base americana LORAN en funcionamento.
Estado actual da antiga base americana.
Grazas ao convenio asinado cos Estado Unidos en 1953 naceu esta estación de seguimento e información militar, construída da forma máis silenciosa oficialmente. O faro de Estaca de Bares pode observar as ruínas e reliquias dunha das máis importantes instalacións militares de orixe americana.
(LOng RAnge Navigation) É un sistema de navegación de longo alcance foi desenvolvido durante a 2º guerra mundial, como axuda á navegación da aviación aliada e aos convois do Atlántico Norte.
A súa construción e fase de probas levouse a cabo no 1960, pasando a ser operativa en 1961.
Despois de 40 anos de servizo, en 1.991 as instalacións se desmanteláronse por obsoletas, esquecidas pola administración pasaron a unha situación de abandono e decadencia.
Esta é a imaxe do coído actualmente
Situación de O Coído con respecto ao Cabo de Estaca de Bares
O Coido de Bares é unha estrutura ciclópea construída con grandes bolos graníticos (claramente visibles na ladeira onde teñen a súa orixe), naturalmente esféricos, sen labrar e sen unir, inda que algúns mostran restos de morteiros.
O pequeno porto de abrigo de O Coído e un histórico faro, tamén foron levantados a base de miles destas pedras de diorita de gran tamaño, algunha das cales chegan a superar as 5 toneladas.
Entre os séculos XIX e XX, un investigador de Mañón, Federico Maciñeira Pardo de Lama (1.870-1.943), dedicou gran parte da súa vida a estudar o Coído co obxectivo de pescudar a súa orixe.
Maciñeira, recoñecido pioneiro da arqueoloxía galega, defendía que se trataba dun porto probablemente fenicio e databa a súa fundación no século VII a.C., sendo unha especie de porto e refuxio na ruta marítima fenicia cara o norte de Europa e que sería máis tarde reciclado polos romanos para as súas travesías cara Bretaña e Irlanda. Un elemento que confirmaba a súa hipótese eran unhas moedas do s. II ó III a.d.C., procedentes de Gades, Abdera e Sex, que identificou como púnicas.
Porén, un novo proxecto de investigación coordinado polo grupo Portos e Costas da Universidade da Coruña (UDC), conclúe que as orixes do dique do abrigo de Bares, son probablemente romanos.
Vistas dende o banco de Loiba de noite.
De día pódese aprezar o cabo de Estaca de Bares a simple vista.
Por último, non debemos deixar de mencionar un precioso lugar que, aínda que non está na inmediata proximidade do Faro de Estaca de Bares, é mundialmente coñecido grazas a un premio fotográfico é ás vistas que se poden apreciar dende os seus acantilados.
Lenda contemporánea:
No ano 2009, Rafael Prieto Fernández, veciño da parroquia de Loiba, decidiu colocar pola súa conta e risco un banco de madeira ao borde do cantil. Durante o Festival de Ortigueira do ano 2 010 de músicos escoceses que actuaban no dito festival visitaron os acantilados e esborrancharon na traseira do banco a frase:
The best bank of the world
O que ao principio parecía unha mala tradución de `banco´ (por entidade financieira), na realidade referíanse ao corte do cantil. Dende entón esa frase cópiase e píntase cada vez que se renova o banco.
O banco é coñecido polas súas vistas dos acantilados, do cabo Ortegal e o cabo de Estaca de Bares
Ruta para chegar ao famoso banco dende o faro