Estaca de Bares, é un lugar incrible para a observación das aves, xa que forma parte do paso migratorio de mais de 100.000 exemplares censados de diferentes especies de aves mariñas que cruzan as nosas costas dúas veces ao ano.
Situado entre as rías de O Barqueiro e Ortigueira, é a punta máis setentrional da Península Ibérica. Nel destacan as formas de modelado “granodiorítico”. Desde o cabo, onde existe un observatorio ornitolóxico, pódese seguir o paso da migración dun gran número de especies de aves oceánicas, entre finais de agosto e mediados de setembro, no verán, e en xaneiro, no inverno. Na zona, ademais do faro e do Parque Eólico, atópase a aldea de Porto de Bares, belo lugar asomado ao Mar Cantábrico. A riqueza piscícola da zona é extraordinaria, nas inmediacións sitúanse os portos coa frota pesqueira de máis sona do norte de Galicia, Celeiro e Burela, con frota do "Gran Sol" e boniteiro.
Como exemplos de aves mariñas que abondan nas costas do Cabo de Estaca de Bares atopamos:
O Alcatraz
O alcatraz común (Morus bassanus), tamén coñecido como alcatraz atlántico, é unha especie de ave suliforme da familia Sulidae propia do Atlántico norte e o Mediterráneo. Acode a terra só para aniñar e coidar as súas crías. Vive en colonias de ata 35 000 parellas en ambas beiras do Atlántico norte e realiza migracións estacionais.
O Cormorán
O cormorán grande é un gran ave negra cunha gran variación de tamaño entre as subespecies da súa ampla gama. O seu peso varía entre 1,5 kg e 5,3 kg. 5 Os machos son xeralmente maiores e máis pesados que as femias. A lonxitude pode variar de 70 a 102 cm e a súa envergadura varía entre 121 e 160 cm.
Imaxe da típica anxélica mariña na foto superior e en flor na foto inferior.
Son de destacar a presenza de plantas de gran interese botánico como a endémica Angelica pachycarpa e o Rumex acetosa biformis. A vexetación adaptada a fortísimos ventos, achapárrase como a Armeria marítima ou ata o toxo.
En galego o brizo mariño ou anxélica mariña (Angelica pachycarpa), é unha herbácea perenne nativa do noroeste da Península Ibérica. Medra en forestas, herbeiras e nas beiras dos regatos e, ocasionalmente, cultívase coma ornamental pola súa follaxe brillante e as súas flores en umbelas abrancazadas.
Rumex acetosa subespecie biforme de folllas carnosas e brillantes, abundantes nos cantís.
Rumex acetosa subespecie biforme