Vista aérea do faro
Este faro é o máis setentrional da Península, encóntrase en Estaca de Bares, sobre un montículo a 101 metros sobre o nivel do mar, nunha meseta chamada Ventueiro. Este lugar é unha fronteira imaxinaria e o punto de encontro entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico; é a entrada á Ría do Barqueiro.
A súa luz alcanza unha distancia de 35 millas, o equivalente a 56km. A torre que alberga a lanterna está feita de pedra, e ten escaleira de ferro. Pegada á torre hai unha vivenda onde reside o fareiro ( debe ser un dos poucos habitados)
Do faro parte un sendeiro que nos permite aproximarnos a un miradoiro, dende onde hai unhas vistas espectaculares do mar e do Cabo de Estaca de Bares.
O faro nos primeiros anos do século XX
Eugenio Liñares, fareiro en Estaca de Bares durante 33 anos
Empezouse a construción no ano 1849, no medio dun forte e continuo temporal.
O faro tivo un custo de 131.830 reales (que equivale a 8.40416,25€). En xuño e xullo de 1850, instalouse a luz, pero empezou a iluminar o 1 de setembro dese mesmo ano.
Tiña 3 fareiros e unha lámpada mecánica Sauttler, esta funcionaba con aceite de oliva, parafina e petróleo. Funcionou ata o 20 de agosto de 1905.
O faro apenas tivo reformas, salvo unha. No 1939 aproban a súa electrificación, a instalación do radio faro e a de unha sirena. No 1998 eliminan o radio faro e instalan unha estación de DGPS (GPS) que funciona na actualidade.
Hoxe en día o faro aínda está habitado e o fareiro, Eugenio Liñares, que leva 33 anos nese posto e está a punto de xubilarse, ten a honra de ser o descubridor dun castro aínda por desenterrar e do primitivo faro que funcionou antes dos romanos.
Sirena acústica do faro