A Plataforma “Eólicos no Morrazo Non” naceu no outono de 2022 e está conformada polas Mancomunidade de montes veciñais en man común do Morrazo, por colectivos sociais de todo tipo (veciñais, ecoloxistas, de traídas de augas, etc) así como por veciñas e veciños a título persoal.
Ademais, a nosa plataforma está integrada na Coordinadora de colectivos que defenden o territorio galego “Eólica Así Non” porque aínda que estamos a favor das enerxías procedentes de fontes renovables que eviten o efecto invernadoiro e o avanzo do cambio climático, non estamos de acordo en como se están a instalar os macroparques eólicos no noso territorio.