ANIMACIÓNS Moaña-Moazambique


Un pouco de historia:
Desde o ano 2016 o colexio Santa María do Mar da Coruña e a Escola Inácio de Loiola (ESIL) en Mozambique están irmandadas con fortes vínculos entre as dúas comunidades educativas. O irmandamento está enmarcado no desenvolvemento da cidadanía global e basease en tres liñas definidas: enriquecemento mutuo entre docentes e alumnado, sistema de bolsas e distintas accións solidarias. A ESIL é unha escola secundaria con formación agraria e na actualidade 600 mozos e mozas da rexión de Angonia (Tete), están escolarizados na escola.


Como parte do intercambio didáctico, o 24 de xaneiro, dous profesores da ESIL, Simião de Plástica e xefe de estudios e Amilton profe de português e coordinador do proxecto  , están en Galicia. Pouco a pouco foron sumándose ao proxecto escolas de toda Galicia e  visitarán o noso IES AS BARXAS para  darlle continuidade a  proxectos  empezados noutros cursos e intercambiar experiencias .O IES As Barxas  colaborou desde o inicio da escola en distintas actividades didácticas e fruto de este intercambio nace este  proxecto audiovisual tan especial "MOAÑA- MOZAMBIQUE".

Un  proxecto que une   o audiovisual e  a poesía, traballamos con poemas do alumnado de ESIL, Mozambique.

 Como resultado desta enriquecedora experiencia, o alumnado de 3 ESO crea sete animacións (ca técnica da rotoscopía) con base nos poemas e interpretacións realizadas polo alumnado de ESIL.


 A través desta colaboración intercultural, os estudantes puideron traballar en equipo, aprender sobre diferentes formas de expresión artística e compartir experiencias e perspectivas culturais. O proxecto fomentou a conexión e a comprensión entre os estudantes de ambos os países, creando un espazo para a creatividade e a expresión artística.


 Este tipo de proxectos permiten abrir horizontes, promover a empatía e construír pontes entre diferentes comunidades e culturas.


Para realizar as animacións , instalamos PENCIL 2D.