Para lograr os nosos obxectivos, traballaremos en grupos de 3 membros.
Primeira actividade:
Esta é a parte teórica do traballo, teremos que realizar un esquema ou mapa conceptual nunha cartolina na cal recolleremos información sobre a pirámide alimenticia e sobre como debería ser un menú saudable.
Segunda actividade:
A partir da información recollida na primeira actividade realizaremos un menú saudable semanal - tamén nunha cartolina - entre todos os membros do grupo.
Terceira actividade:
Nesta parte final xuntaremos 3 grupos e compararán os seus menús saudables, despois todos os grupos presentarán o seu menú saudable ao resto da aula e, coa axuda de todos e todas, debatiremos sobre eles: correxiremos, modificaremos, eliminaremos, engadiremos...
Cuarta actividade:
Finalmente, crearemos un menú saudable semanal definitivo utilizando a pizarra electrónica.