Para o proceso formaremos grupos de 3 membros.

Actividade 1:

O primeiro paso será consultar e recoller a información das páxinas propostas (tamén podedes facer a vosa propia procura en internet, libros de texto...)

O segundo paso será elaborar, na cartolina, o esquema ou mapa conceptual coa información recollida.

Actividade 2:

O primeiro paso será elaborar entre todo o grupo un menú diario, é dicir, para o luns, o martes, o mércores etc.

O segundo paso será plasmar este menú na cartolina, de xeito que conformemos finalmente un menú semanal.

Actividade 3:

O primeiro paso será xuntar 3 grupos e comparar os menús realizados por cada un.

O segundo paso será presentar os menús elaborados a toda a clase.

O terceiro paso será debatir, dar a nosa opinión, aportar ideas... sobre os menús presentados.

Actividade 4:

O único paso será, entre todos, crear na pizarra electrónica un menú semanal saudable definitivo.