Esta webquest está elaborada para alumnos/as de 3º de Primaria, encadrada na materia de Ciencias da Natureza e centrándonos no ámbito de alimentación saudable.

Nivel académico: 3º de Primaria

Materia na que se encadra: Ciencias da Natureza

Duración prevista: en sesións de 1 hora - calcúlanse aproximadamente entre 7-9 sesións:*

  1. Actividade 1: aproximadamente 2-3 sesións

  2. Actividade 2: aproximadamente 2-3 sesións

  3. Actividade 3: 2 sesións

  4. Actividade 4: 1 sesión

*Dependerá do número de sesións empregadas nas dúas primeiras actividades.

Obxectivos:

  • Coñecer a piramide alimenticia e familiarizarse con ela

  • Ser conscientes da importancia de ter unha dieta variada e equilibrada

  • Manexo e uso das TIC

  • Fomentar un bo uso das TIC

  • Aprender a usar a rede para procurar información

  • Desenvolver as habilidades sociais

  • Ser capaces de elaborar esquemas e mapas conceptuais

  • Fomentar o traballo en equipo

  • Ser capaces de elaborar un menú semanal saudable

  • Ser capaces de realizar presentacións orais

Competencias básicas (DOG 105/2014):

  • CCL: Comunicación Lingüística

  • CD: Competencia Dixital

  • CAA: Aprender a aprender

  • CSC: Competencias sociais e cívicas

Autoras - Estudantes da UVigo do Grao en Educación Primaria:

Sarai Rodríguez Alvarado, Sheila Pousa Rodríguez e Paula Rodríguez Fernández.

E-mail: lasrodriguezfamily@gmail.com

Web: https://rodriguezensinando.blogspot.com/