O videoxogo componse de 5 fases (2 de adestramento e 3 reais) e ten unha duración reducida.

Amnistía Internacional, da man de Intelygenz, aproveita a linguaxe dos videoxogos para achegar a un público novo o efecto devastador que poden ter os drones armados

O videoxogo está dispoñible de maneira gratuíta en Google Play e Apple Store

O videoxogo behind drons e hackers, basease na actual situación das persoas de Irak, Afganistán, Pakistán, Yemen, Gaza...

Este terror ten unha razón de ser. Os ataques con drones golpean con frecuencia á poboación civil, causando un enorme sufrimento en persoas que non teñen por que pagar o custo dos conflitos armados. O dereito internacional é claro: atacar a civís que non participan nas hostilidades constitúe un homicidio ilexítimo, e pode constituír un crime de guerra.

Case invisibles e implacables, os drons militares convertéronse nunha ameaza cotiá para miles de persoas no mundo. Arma que simboliza como ningunha a chamada “guerra global contra o terrorismo” liderada por Estados Unidos, tamén suscita unha enorme preocupación: Respectan os drons as leis da guerra, é dicir, as normas internacionais que protexen aos civís nos conflitos armados? Ou moi ao contrario, están fóra de control?

A amnistía pide que todas as persoas teñan dereito a coñecer a situación dos familiares das víctimas que morreron polos drons.