Coltán

Coltán, a maldición do Congo

Smartphons,tablets e portátiles. Todos estes dispositivos electrónicos teñen unha cousa en común: requiren dun mineral de cor negra lousa para poder funcionar. Un mineral chamado coltán; e que é produto da unión doutros dous metais: Columbita e Tantalita.

O coltán é un mineral escaso e moi prezado. República Democrática de *Congo posúe o 80% das reservas mundiais deste novo ouro negro .Pero todos estes dispositivos teñen algo en común, están manchados de sangue.

Para extraer un quilogramo de coltán morren 2 persoas no congo.



Ademais este mineral financia a mais de 120 grupos armados a través de comercio e extracción ilegal. Ese diñeiro é usado para comprar armas que son usadas para masacrar indiscriminadamente poboados enteiros, violar mulleres e nenas e secuestrar nenos para convertelos en asasinas a sangue frío .

Manguredjipa, a máis de 450 quilómetros da cidade de Goma, é unha modesta aldea situada na rexión de Kivu Norte. Non ten hospitais, nin colexios, nin hoteis... en verdade, non ten case ningún atractivo, salvo un: unha mina de coltán. Iso na República Democrática de Congo son palabras maiores.

Esta aldea atópase en territorio Mai-Mai, un dos múltiples grupos rebeldes que operan no Congo,son populares polas súas masacres, os crimes contra a humanidade, as violacións, o recrutamento forzado de nenos para convertidos en soldados.

As condicións da mina rozan a escravitude. Xornadas laborais de máis de 14 horas a cambio dun euro. Soldados rebeldes, armados con varas de madeira, para golpear o lombo dos mineiros para que traballen máis rápido. Mulleres, algunhas delas embarazadas, buscando o mineral para poder cambialo por algo de comida. Ou nenos, moitos deles nin chegan aos 12 anos, obrigados a traballar dentro dos túneles, xa que o seu tamaño é o idóneo para poder extraer o mineral que está no interior.

Non hai día que non se produza un accidente laboral. A media é dun mineiro morto ao día. En tempada de choivas a cifra multiplícase, xa que as avalanchas de terra ou os derrubes dentro dos túneles son frecuentes. Pero a extracción de coltán non se detén por nada nin por ninguén. Nin sequera por un mineiro enterrado. Hai minas que se coñecen, popularmente, como fosas comúns, pola cantidade de mineiros que xacen baixo a terra.

De 5.000 minas que existen so 140 están declaradas "verdes", isto non quere dicir que as 4.860 non produzan coltán, todo o contario,son as que máis producen xa que sen seguir as normas de seguridade se vai moito máis rápido

O maior exportador de coltán do mundo non ten nin unha soa mina de coltán. Ruanda somente sirve para convertir o tráfico ilegal en compras completamente legais.

En 2010, Estados Unidos obrigaba ás empresas norteamericanas a garantir que as materias que usan para fabricar os seus produtos non proceden de zonas en conflito e non serven para financiar o derramamiento de sangue. Isto incluía minerais como o coltán, casiterita, wolframio e o ouro.

Segundo un informe de Amnistía Internacional, que analizaba 100 dos informes presentados por 1.312 empresas norteamericanas como Apple, Boeing ou Tiffany & Co, o 80% das empresas descoñecían a procedencia dos minerais que usaban. É dicir, non sabían se estaban a utilizar minerais de sangue; mentres que o 4% confesou que procedían da República Democrática do Congo.