Dereitos Humanos

e

Tecnoloxía

A tecnoloxía é a aplicación da ciencia para construír aparellos, metodoloxías de traballo, prácticas para tratar enfermidades, etc. Frecuentemente a tecnoloxía impulsa tamén a ciencia proporcionándolle instrumentos de observación e de medida, ferramentas, etc.

En principio, o obxectivo tanto da ciencia como da tecnoloxía é mellorar a vida das persoas. Por tanto, deberían ser moi favorables aos dereitos humanos. Pero, desgraciadamente, atopamos moitas veces que se usan en contra das persoas, ou que a xente que abusa doutra xente sérvese moitas veces dos avances científicos e tecnolóxicos.

Na materia de Valores éticos de 4º ESO construímos este sitio web para denunciar algúns casos en que a tecnoloxía se usa para violar os Dereitos Humanos. Tomámolos inicialmente da revista trimestral de Amnistía Internacional, e despois documentámolos investigando en internet.