Boas a tod@s! Última avaliación e novo tema! Cales son as enfermidades infecciosas? E as non infecciosas? En que consisten o Cancro e o Sida? Que avances estamos logrando no diagnóstico e tratamento das enfemidades? Trataremos estas e outras cuestións ao longo deste tema.

- Avances curiosos -

Se buscades impresión 3D de tecidos veredes bastantes novas e vídeos! É moi alucinante! Utilizar un líquido con células nai, en lugar de tinta, e chegar a construír estruturas biolóxicas!

Científicos logran imprimir un corazón que palpita

Actividade 1. Os microbios

Para introducir este tema veredes o documental Un mundo sin microbios sobre os microorganismos que temos arredor e incluso no noso propio organismo. Que beneficios nos aportan? Como sería o mundo sen eles? Faremos unha videoconferencia sobre isto para compartir ideas :)

Actividade 2. O sistema inmune

Coñecedes o caso de David Vetter, o neno burbulla? Investigade a súa historia.

Sobre isto comentarvos que o ano pasado saiu á luz o caso dun neno en Cataluña que foi curado grazas a un trasplante con células nai. Aquí deixo a nova:

Curado o primeiro neno burbulla detectado en Cataluña coa proba do talón

Actividade 3. Enfermidades

Esta actividade consistirá en facer, por parellas, unha exposición oral en vídeoconferencia sobre algunha das seguintes enfermidades:

Tuberculose Lepra

Rabia Cólera

Lupus Peste bubónica

Ébola Sarampelo

Malaria Gripe (mencionar a española)

Os puntos a tratar son: causas, síntomas, vía/s de transmisión, diagnóstico e tratamento

Páxinas recomendadas: Mayo Clinic, MedlinePlus e OMS

Documentais recomendados:

- Novas de actualidade -

A ver se recordades estas do 2019

Unha matanza clandestina causa o maior brote de triquinose en España en sete anos

Nova alerta por listeriosis en carne mechada (este problema foi bastante comentado no verán)

- Nova de actualidade -

Achégovos unha nova sobre a peste e un artigo da National Geographic sobre dita enfermidade:

Unha cidade enteira en cuarentena por temor á peste bubónica

A peste negra segue a causar estragos na actualidade

As ratas poderían non ser culpables

Retratos dunha plaga (as dúas últimas atopeinas este curso)

Actividade 7. O Cancro

Que é o cancro? Como se propaga polo corpo? Como se diagnostica? Como se trata? Teredes que respostar a estas cuestións por parellas nun documento de Google Docs.

Deixo por aquí un vídeo sobre o cancro de mama e uns consellos para detectar con tempo o cancro de mama.

Nosoutras, que é o cancro de mama?

Sinxelas prácticas para a detección temperá do cancro de mama

- O cancro e a súa propagación -

Se queredes ampliar información sobre que é o cancro deixo un artigo dunha páxina moi sinxela de entender que ameniza o contido con imaxes:

O cancro e o ciclo celular


Mais, como se chega a metástase? Subo un vídeo cuxo inicio considero bastante ilustrativo. Neste caso poñen como o exemplo de metástase a partir dun cancro de colon.

Podedes visualizar tamén a imaxe da dereita un pouco máis ampliada.

- Cancro de pel -

Agora que empezades a aumentar a exposición ao sol está ben que recordedes un pouco de información sobre este tipo de cancro.

Que é o cancro de pel? Que tipos hai?

Artigo

Vídeos I, II, III

Como detectalo a tempo?

Podedes entendelo nos vídeos. A imaxe da dereita amosa a información de maneira resumida.

- Os axentes mutaxénicos -

Recoméndovos consultar a lista de elementos canceríxenos segundo a OMS

- Diagnóstico do cancro. Marcadores tumorais -

Os marcadores tumorais son substancias presentes no sangue, ou noutros líquidos orgánicos, cuxa elevación por encima de niveis normais pode ser de axuda ante a sospeita de algúns cancros.

Informe da OCU

Actividade 8. O cancro de pel

Imos facer os seguintes xogos de Xplore Health sobre dito tema:

Tamen tedes acceso a unha serie de videos!

Actividade 9. Tratamento do cancro

A biotecnoloxía proporciónanos tratamentos cada vez máis eficaces. Grazas a este xogo poderemos coñecer algúns dos empregados na actualidade para loitar contra o cancro.

No seguinte enlace tedes un resumo dos tratamentos actuais do Instituto Nacional do Cancro.

Ademais veremos na clase este documental.

A biotecnoloxía

Hoxe en día tedes a posibilidade de facer a carreira de biotecnoloxía. Sabedes en que consiste e que aplicacións ten?

Este vídeo o aclara.

Actividade 10. Antibióticos

Dado que é fundamental que a poboación se conciencie sobre o perigo dun uso excesivo dos antibióticos, deixo por aquí estes dous vídeos:

Bacterias, antibióticos e resistencia

Que causa a resistencia aos antibióticos?

Actividade 11. Vacinas

Que consecuencias ten o movemento antivacinas? Podédesvos informar sobre isto lendo este documento. Está subliñado o importante!

Ademais cos seguintes xogos virtuais:

Aprobaremos unha vacina Xogo Aproba unha vacina

Veremos como se busca unha vacina contra o VIH Xogo Participa na búsqueda para atopar a vacina do VIH

Sarampión

Actividade 12. Fagoterapia

Outra aplicación dos virus. Sabiades que poderían empregarse para destruír bacterias patóxenas?

Documental recomendado

A fagoterapia en pleno renacemento

Curación dunha nena afectada por unha bacteria resistente a antibióticos

Situación en España

Alucinante artigo da National Geographic sobre a importancia dos virus!

Sabiades que o 8% do noso xenoma é ADN vírico insertado por retrovirus ao longo da evolución????

Está subliñado o máis importante e hai moitas imaxes! Así igual os animades a botarlle unha ollada, aínda que sexa rápida! É alucinante o que conta! Fala tamén un pouco sobre a orixe do SARS-CoV-2.

NatioGeoVirus.pdf

Indicacións para o exame

  1. Importancia das bacterias na nosa vida

  2. Importancia dos virus na nosa vida

  3. Saber explicar que é o cancro, que se propaga polo sangue e o sistema linfático, chamádose metástase a dita propagación e saber que se diagnostica mediante unha analítica na que se buscan biomarcadores, unha biopsia na que se extrae unha mostra para analizala no laboratorio e probas de diagnóstico por imaxe (dar algún exemplo). Tamén deberiades saber dicir brevemente en que consiste cada tratamento.