O MEDIO AMBIENTE

Boas a tod@s! Nova avaliación e novo tema! Que son os recursos naturais? Que consecuencias ten a súa sobreexplotación? É real o cambio climático? Que podemos facer nós? Trataremos estas e outras cuestións ao longo deste tema.

RECURSOS SOBREEXPLOTADOS. INTRODUCIÓN

Actividade 0. Exemplos de recursos sobreexplotados

Que son os recursos naturais? Cales son os non renovables? E os renovables?

Coñecedes algún exemplo concreto de sobreexplotación dun recurso natural?

Os seguintes vídeos resumen ditos contidos:

Vídeos I e II

Artigos sobre petróleo, carbón e gas natural


Minerais de sangue. Coltán Campaña movilizateporlaselva.org

Actividade 1. Problemáticas actuais

Boas raparigos e raparigas! Seguro que coñecedes WWF e Greenpeace, organizacións que impulsan campañas para concienciar e loitar en problemáticas diversas, moitas delas relacionadas con medio ambiente! Tamén en Galiza temos asociacións como ADEGA, para a defensa ecolóxica de Galiza.

Cada un/unha de vós deberedes entrar nestas páxinas e escoller unha causa na que estean traballando actualmente. Deberedes preparar unha pequena presentación (con imaxes) para explicarlla aos/ás vosos/as compañeiros/as.

Exame do luns 8 de Marzo/ xoves 11 de Marzo

Esta avaliación, tras facer unha introdución sobre os recursos renovables e non renovables dos que dispoñemos, estamos tratando diferentes temáticas ambientais de actualidade, grazas a WWF, Greenpeace, ADEGA e grazas tamén ao voso traballo.

Subo a continuación as presentacións dos vosos compañeir@s. Moitas só teñen imaxes, polo que tedes que poñer en internet "WWF e a problemática ambiental en cuestión" ou "Greenpeace e a problemática ambiental en cuestión" (por exemplo "Bosque boreal Greenpeace". Así poderedes acceder á páxina consultada polos vosos compañeir@s para elaborar a presentación.

O CONSUMISMO.pdf
Unha dieta para a túa saúde e a do medio ambiente.pdf
Natureza sen plásticos.pdf
Adega-CuCi-LucíaC4ESOA.pdf
Cambio climático.pdf
Deforestación do Amazonas.pdf
INCENDIOS FORESTAIS.pdf
Bosque Boreal.pdf
Doñana.pdf
Lince ibérico, o felino máis ameazado do planeta.pdf
Eu defendo ó lobo.pdf
As Granxas De Visón.pdf
Osos Polares.pdf
CHIMPANCE.pdf
Gorilas de montaña.pdf
Os Tigres.pdf
Mapaches.pdf
Golfiño rosado.pdf

Para ampliar información

O desaparecido mar de Aral e os laboratorios de armas biolóxicas:

DESASTRES NATURAIS. Novas

Rotura dun dique minero en Brasil

E xa non é a primeira vez que acontece algo así.

En Galiza temos unha balsa de lodos tóxicos da empresa Alcoa preto de San Ciprián. A podedes ver neste artigo.

Nova de 2019 sobre este tema

Vertido de fuel na ría de Arousa

En Outubro do 2020 detectouse unha mancha de fuel na ría de Arousa. Cal é a súa procedencia? Como foi o tratamento?

Nova da Voz de Galicia

Nova do Diario de Arousa

A NECESIDADE DA MINERÍA

Actividade 2. Que sería do mundo sen minerais? Poden esgotarse?

Algunha vez pensantes nisto? Os seguintes vídeos tratan de explicar como sería a nosa vida sen eles:

Ademais falaremos en clase sobre o seu esgotamento mediante o artigo que engado a continuación:

Os coches eléctricos e as baterías de litio:

Os coches de hidróxeno

  • A pila de hidróxeno e Julio Verne (Artigo)

Vídeo resumo sobre como se produce a electricidade Artigo da National Geographic

  • É o Toyota Mirai o coche do futuro (Vídeo)

  • Impulso aos vehículos de hidróxeno en España (Artigo)

  • Toyota suministrará pilas de combustible para trenes de hidróxeno (Artigo)

  • Instalación de hidroxeneras (Novas I e II)

  • Plantas de hidróxeno actuais. Funcionamento e aplicacións (Artigo)

CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICO

Fuente: Greenpeace

Greenpeace resume moi ben neste artigo os puntos máis importantes desta problemática.

Na imaxe da esquerda podedes ver o que tardan en descompoñerse distintos materiais! É unha barbaridade!!!!

Ademais existen multitude de Documentais. Aproveito para recomendar Plástico por todas partes, é longo, pero interesante. Está ben explicado, vese como se procesa o plástico en lugares moi pobres, diferentes iniciativas, posibles solucións...

Un alumno de 3ESO recomendoume Un océano de plástico, de Netflix. Espero velo estes días de confinamento :)


Estas curiosidades o moitísima máis información contada de maneira sinxela e vistosa por Ana Pêgo, bióloga portuguesa. Tedes o libro na biblioteca. Recoméndovolo encarecidamente!

As mariscadoras e os mariscadores de Vilanova de Arousa comezaron este curso con esta CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A PRESENZA DE LIXO NO LITORAL DE VILANOVA

Porque un mar limpo, sen lixo, é fonte de vida e traballo!

Importante nova! Europa veta os plásticos dun só uso en 2021!

National Geographic cóntanolo nesta reportaxe

Actividade 3. Illas de plástico

En relación a dita problemática pídovos que plasmedes nun documento de Google as vosas conclusións sobre os seguintes puntos:

1. Procedencia das illas de plástico e ubicación actual.

2. Consecuencias para a vida mariña e a vida humana.

3. Plan de recollida e eliminación destes residuos.

4. Opinión: Parécevos un problema preocupante? Podemos facer algo ao respecto?

Creade un documento de Google Docs para mandarmo por correo. Tedes que facelo en galego e incluír título, os vosos nomes e unha bibliografía. Recordade coidar o formato dos títulos de subapartados, empregar sempre mesmo tipo de letra e cor (cambiando isto só nos títulos e subtítulos) e deixar espazos sempre do mesmo tamaño.

Este curso 2020/21 invítovos a que investiguedes proxectos para recoller plásticos do mar e volvo a recomendarvos o libro Plasticus maritimus. Unha especie invasora, de Ana Pêgo

Exposición no Museu da Água de Coimbra

RECURSOS ENERXÉTICOS

Se continuamos igual o futuro pinta moi negro. Negro hollín, negro CO2, negro contaminado. Abastecer á poboación mundial require reducir o gasto enerxético e aumentar decididamente o consumo de enerxías renovables e limpas. National Geographic.

Cales son as fontes de enerxía renovables? Son suficientes para abastecer a todo o planeta? É a enerxía nuclear unha alternativa limpa? Que diferencias hai entre fusión e fisión nuclear?

Documental recomendado: Ciudad inteligente: Ámsterdam revoluciona la energía

Deixo por aquí artigos e vídeos para respostar a ditas cuestións:

ENERXÍAS RENOVABLES



Funcionamento, aplicacións, vantaxes e desvantaxes

ENERXÍAS NON RENOVABLES

Deixo vídeos sobre a menos coñecida, a Enerxía nuclear!

  • Como funciona unha central nuclear de fisión? (Vídeo) Fusión e fisión nuclear (Artigo)

  • Por que a nuclear de fisión ten tant@s detractor@s? Os accidentes en centrais nucleares, como o de Chernóbil e Fukushima, os cementarios nucleares, os bidóns radiactivos tirados ao mar... Sobre estes puntos negativos deixo os seguintes enlaces:

  • Solucións?

Funcionamento, aplicacións, vantaxes e desvantaxes

EXPOSICIÓNS

Luns 19 Abril

  • Lucía D e Paula D - enerxías termosolar e fotovoltaica

  • Paula F e Ana - biomasa

  • Tere e Luis - enerxía maremotriz

  • Xabi e Lucía B - enerxía eólica

  • Lucía C e Dani - enerxía hidroeléctrica

  • Dafne e Dano - enerxía xeotérmica

  • Uxía e Xúa - enerxía osmótica ou azul

  • Álex e Nati - fisión nuclear

Xoves 22 Abril

  • Yaiza e Xulia - peche de centrais nucleares, tratamento de residuos e cementerios nucleares

  • Rubén e Claudia - Chernóbil

  • Vicky e Zeltia - fusión nuclear e proxecto ITER

SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA GALIZA

Galicia pode e debe liderar a transición enerxética en España porque teno todo (Artigo de La Opinión)

Galicia depende do petróleo e de combustibles fósiles para xerar más do 70% da súa enerxía (Artigo de La Opinión)

Galicia recupérase e podería autoabastecerse ca auga e o vento (Artigo de La Voz de Galicia)

Galicia exporta o 20% da súa electricidade pese ao "apagado" do carbón e a pouca choiva (Artigo de La Opinión)

A Unión Europea, con España á cabeza, importa cada vez máis electricidade barata de centrais térmicas de carbón extracomunitarias (Artigo El Periódico de la Energía)

O patrimonio xeolóxico non é renovable (Opinión dun xeólogo)

Renovables en Galicia no 2050. Estudo de Greenpeace

Segundo esta imaxe, podería ser Galiza autosuficiente con enerxías renovables para toda a súa demanda de electricidade proxectada para o 2050?

Actividade 4. Debate sobre recursos renovables e non renovables

A idea desta actividade é consultar a información recollida neste blog sobre os recursos renovables e non renovables e dar respostas ás seguintes preguntas:

  • Cales son as fontes de enerxía renovables? En que consiste cada unha moi brevemente? Son suficientes para satisfacer as necesidades do planeta? Chegarían en Galiza?

  • En que consiste a enerxía nuclear? Por que ten tantos detractores? Unha posible solución é o proxecto ITER, en que consiste?

Actividade 5. A valorización dos residuos

Vale a pena reciclar ou mestúranse todos os residuos nos camións de lixo ou nas plantas de valorización?

Veremos vídeos sobre o funcionamiento dunha planta e as vantaxes da reciclaxe. A vosa parte consiste en pensar en 10 residuos que xeredes con frecuencia e que non teñades claro o contenedor no que deberiades depositalos.

Información sobre o tratamento de todos os residuos (Artigo)

Como funciona unha planta de valorización de residuos? (Vídeo dunha planta catalana) (Visita virtual a Sogama) (Reportaxe sobre planta residuos Madrid)

Que mitos hai en relación á reciclaxe? (Ecoembes)

Vantaxes da reciclaxe (Vídeo)

Menos vertedoiros e máis reciclaxe e valorización enerxética (Nova)

Planta de valorización enerxética (Esquema)

A planta de esquí máis verde do mundo (Artigo)

Erros frecuentes á hora de reciclar (Vídeo OCU. Artigo DiarioSur. Artigo Huffington Post)

Información dos distintos contedores (Ecoembes)

Que é a compostaxe? (Vídeo) Como facer a túa propia composteira? (Vídeo)

Pero é todo tan bonito como o pintan? (Artigo Greenpeace)

A problemática das famosas toallitas... (Nova de 2020)


Este asistente da organización medioambiental Ecoembes pode axudarvos.

Vertedoiros e desastres ambientais

Que son os vertedoiros (Vídeo)

O vertedoiro de Alcalá (Nova de actualidade)

Vertedoiros en espazos protexidos?

Desprendemento dun vertedoiro con amianto (Vídeo e reclamación de familiares dos traballadores sepultados)

O vertedoiro de Bens, un dos grandes desastres medioambientais de Galiza (Vídeo)

Emisión de gases de efecto invernadoiro (Ministerio) e captación (COGERSA)

Documental sobre residuos e vertedoiros

Actividade 6. A perda da biodiversidade e a Arca de Noé das sementes

Espero que pasárades unha boa Semana Santa, aínda estando confinad@s! Faremos un debate sobre esta temática.

Nel tentaremos dar resposta ás seguintes cuestións:

  • Por que estamos perdendo biodiversidade? Que implica a súa perda?

- Perda dos alimentos que coñecemos (Artigo ElPaís)

- Os incendios e as súas causas (Artigo Amonite)

- O Eucalipto, pólvora dos incendios en Galiza (Artigo de ElIndependiente)

- Salvemos ás abellas (Reportaxes Greenpeace I e II)

  • No 2008 creouse unha base biolóxica no Ártico, que poderiamos chamar a Arca de Noé das sementes! Con que propósito? Que almacena?

- Banco de sementes no Ártico (Vídeo Vodafone)

- Banco de sementes de Siria (Vídeo Adviser Enterp.)

- A Guerra de Siria abre o banco de sementes (Artigo ElEspañol)

  • Sen embargo, unha vez máis o cambio climático ameaza esta reserva! Por que? Que consecuencias pode ter o desxeo do Ártico?

- As sementes ameazadas polo cambio climático (Artigo LaVanguardia)

- O desxeo do Ártico e o cambio climático (Artigos StopCambioClimático e Xataka)

Liberación de metano no Ártico (Vídeo)

Consecuencias incendios.pdf

O bosque protector (Documental)