Proxecto Marte por Space X. Artigo de MuyInteresante con vídeo incluído https://goo.gl/Je8AMx
Recollida de lixo espacial pola ESA. Vídeo publicado pola CNN https://goo.gl/6YceYQ
Pode oirse algo no espazo? https://goo.gl/4F6zXo
Canto tardariamos en chegar a Marte? https://goo.gl/vX2VEn
Canto tardariamos en chegar á Lúa? https://goo.gl/bCyFb9
Deixo por aquí este artigo que comentei brevemente en clase, por se o tema é do voso interese.
Podedes consultar esta nova se queredes ver as Dracónidas e as Oriónidas!
Un breve resumo https://goo.gl/CZU9Wg
Mayas, instrumentos de astronomía
Parte 1 https://goo.gl/k9SRFV
Parte 2 https://goo.gl/izRVuF
Pirámide de Giza http://bit.ly/2Vd4qpj
Stonehenge https://goo.gl/Vb9f5B
Erastótenes demostrando que a Terra non é plana https://goo.gl/PGCqjm
O vídeo que vimos en clase https://goo.gl/8tF3zk
A maiores deixo outros dous, por se alguén ten curiosidade:
https://goo.gl/usp9xC (centrado na Unión Soviética)
https://goo.gl/oYZ6iC (centrado no III Reich e Wernher von Braun, alemán que traballou na NASA despois de construír cohetes para Hitler)
Tamén deixo un artigo sobre os animais que foron ao espazo
Onde localízase a axencia? Cal é o seu logo? Cando se creou?
Algunha persona a destacar que fundara e/ou traballe en dita axencia?
Cales son os seus proxectos pasados, presentes e futuros?
Esta investigación a faredes en grupo e haberá que expoñela en clase.
Recordade que a presentación debe estar en galego. Nela debedes incluír, ademais, os vosos nomes, a webgrafía ao final, imaxes, artigos, vídeos... e todo o que se vos ocurra.
Recordade que tedes o tradutor gaio e o dicionario da RAG como axuda para escribir o traballo en galego sen cometer erros!!!!
Como chegan as sondas a planetas, satélites e asteroides? Sabedes como aforran combustible? Como diminúen a súa velocidade cando chegan a destino? Para respostar a estas cuestións vimos os seguintes vídeos en clase:
Tamén visualizamos os dous seguintes co obxectivo de aproximarnos aos traballos que se levan a cabo nas misións espaciais
Facede unha búsqueda por parellas de 10 spinoff. Atoparedes moitos, escollede os que máis chamen a vosa atención!
Como axuda recoméndovos unha ferramenta que creou a NASA para aprender sobre este tema
Neste traballo tedes que intentar respostar a estas cuestións, e digo intentar porque é algo que estase a investigar activamente.
Pero... sabedes onde? No CERN, o maior laboratorio de investigación en física de partículas do mundo. Deixo sobre él tres interesantes vídeos:
-Imaxinade que sodes científicos do CERN e tedes que explicar o voso traballo aos estudantes do IES Monte da Vila-
Os puntos a tratar serán os seguintes:
1. Que é o CERN. Ubicación. Países que participan. Instalacións coas que conta (por que estas teñen dimensións tan grandes?)
2. Que estase a facer neste xigantesco laboratorio (debedes relacionar o seu traballo ca orixe do Universo)
3. Búsqueda dun vídeo curto que explique de maneira sinxela a orixe do Universo
Non olvidedes engadir os vosos nomes e a webgrafía!
O mellor grupo de científicos expoñerá as súas conclusións!!
Carl Sagan foi un astrónomo e divulgador científico ao que debemos boa parte do coñecemento que temos sobre o Universo.
Deixounos unha máxica serie chamada Cosmos, na que transmite a súa fascinación por unha parte da ciencia da que queda moitísimo por coñecer.
Nesta activade tedes que dar explicación a unha das súas frases máis celebres:
"Non somos máis que po de estrelas"
Para isto tedes a ilustración da dereita e dous vídeos sobre a orixe e a evolución das estrelas (vídeoI vídeoII). O último é un pequeno anaco da súa serie.
En relación con isto subo un vídeo que explica que unha supernova desencadenou a formación do Sistema Solar! É moi sinxelo e dura só 4 minutos!
Quizáis este artigo axúdevos tamén!
En relación a esta última actividade podemos preguntarnos que son os buratos negros e que pasaría de caer neles!
Para sabelo recoméndovos este vídeo dun físico que traballou no CERN e que ten un canal de YouTube. Nel explica curiosidades de maneira moi didáctica.
En relación a isto e debido á presenza dun burato negra na nosa galaxia tamén deberiamos saber que é un cuásar!
Boas a tod@s, deixo por aquí as indicacións para o exame:
Proxectos nos que estiveron implicadas as diferentes axencias espaciais e obxectivos futuros. Non tedes que saber que fixo e que quere facer cada axencia, chega con coñecer o que conseguiuse e o que se quere conseguir de maneira xeral. É dicir chegamos a planetas, satélites, asteroides, ao Sol... puxemos en órbita telescopios, satélites de distinto tipo, queremos construír bases na lúa e en marte, retirar lixo espacial...
Opinión personal sobre a importancia de coñecer o Universo.
Definición de spinoff e saber explicar 6 exemplos.
Saber explicar por que somos po de estrelas, tendo clara a importancia das reaccións nucleares nas estrelas e as supernovas.
Obxectivo do CERN.
A serie "Ciencia al desnudo" da National Geographic tráenos o documental O nacemento do Sistema Solar. Verémolo en clase.
Ademais, deixo outro máis sinxelo e unha comparativa por tamaño de compoñentes do Sistema Solar, exoplanetas, grandes estrelas, buratos negros e galaxias.
Para saber un pouco máis sobre estes corpos do sistema solar revisaremos os seguintes artigos:
Ademais falaremos sobre a presenza de restos do meteorito que extinguiu aos dinosaurios na costa vasca.
Tamén existe outro interesante fenómeno relacionado co vento solar: as auroras boreis e austrais
Para levar a cabo esta investigación traballaredes en grupos de 3 (6 grupos de 3 y uno de 4). Cada grupo deberá elixir un planeta do Sistema Solar.
Os puntos a tratar serán os seguintes:
1. Planeta Terra
Que características permiten a vida?
2. Planeta elixido
De onde vén o seu nome?
Características do planeta (composición, atmosfera, temperatura, rotación, traslación, xeoloxía da superficie, fenómenos curiosos...)
Pesariades o mesmo que na Terra? Gañariades altura ou acontecería o contrario?
Ten este planeta, ou algún dos seus satélites, algunha característica que permita a vida? Atopades algún aspecto que a impida?
Se puidésemos viaxar ata as súas proximidades, que atractivos turísticos ofreceríanos?
A información debedes recollela nunha serie de diapositivas. Non olvidedes poñer imaxes e vídeos curiosos sobre o mundo escollido. Ademais teredes que escoller un titular atractivo para presentalo en referencia a algunha das súas características.
Unha páxina que pode ser de axuda é https://spaceplace.nasa.gov/menu/solar-system/sp/ Nela podedes entrar no planeta elixido para ver a información máis importante. Ademais os suxerirán ampliar coñecementos con outra páxina da NASA máis completa e na que podedes atopar un montón de imaxes. Outra web interesante é a de Geodiversidad, nela atoparedes imaxes con boa resolución e información interesante sobre cada planeta.
Tras a presentación oral de cada planeta ordenarémolos en función da súa habitabilidade e falaremos sobre a terraformación de Marte.
É posible facer habitable Marte? Que características do planeta deberiamos modificar?
Facede, de maneira individual, un comentario (resumo) deste artigo e explica se cres que deberianse invertir cartos en levar a cabo este proxecto.
Algunha vez preguntácheste como desaparecerá o Universo?
O seguinte artigo explica unha posible hipótese
Sabiades que podedes facervos unha idea das paisaxes marcianas visitando o Teide?
Por este motivo, lanzo unha serie de cuestións:
Como explicariades un eclipse solar? E un eclipse lunar?
Como explicariades un eclipse solar? E un eclipse lunar?
Poderiades representar as diferentes fases da lúa?
Por que sempre vemos a mesma cara da Lúa?
E xa que estamos, por que o Sol sale polo Este e ponse polo Oeste?
Respostaremos facendo un modelo Sol - Terra - Lúa con materiais caseiros.
Unha vez preparado falaremos teredes que reflexionar os seguintes interrogantes:
1. Víchedes algunha vez un eclipse solar ou lunar?
2. Durante un eclipse luar:
Que obxecto brillante atópase na sombra? Que obxecto está proxectando a sombra?
Ves un eclipse luar durante a noite ou durante o día?
Calquera persona no mundo pode velo? En caso contrario, quen non pode?
3. Durante un eclipse solar:
Que obxecto brillante está cuberto? Que obxecto está bloqueando a luz do Sol?
Ves un eclipse solar durante a noite ou durante o día?
Calquera persona no mundo pode velo? En caso contrario, quen non pode?
Por qué é máis difícil ver un eclipse solar?
4. Fases da lúa e eclipses solares e luares:
Cal é a fase da lúa durante un eclipse solar? E durante un eclipse luar? Por que non vemos un eclipse luar durante cada lúa chea?