Xardín Botánico da USC

Foto do Río Sarela

É un ambicioso proxecto científico e de investigación cuxo inicio, foi en parte, financiado polo Consorcio da Cidade de Santiago, aínda que a día de hoxe atópase en fase de execución, sen unha finalización clara. Depende administrativamente da USC, contando coa participación da Deputación de Pontevedra a través dos laboratorios de investigación de Areeiro.

O proxecto botánico alcanzaría inicialmente 11 hectáreas, estando adicadas principalmente cara á investigación do xénero Camelia, nun área propia do Xardín chamada Georg Kamel, botánico e misioneiro xesuíta en Filipinas en cuxo honor denominouse o xénero botánico. Tamén haberá unha sección adicada á preservación da flora autóctona e ameazada de Galicia no ``Xardín de Gaia´´. O proxecto botánico é membro da Asociación Ibero-Macaronésica de Xardíns Botánicos, asociación que impulsa e agrupa 38 xardíns botánicos entre a Península Ibérica e o Arquipélago Macaronés (Canarias, Azores, Cabo Verde, Madeira e Illas Salvaxes).

En 2017 o novo responsable do Xardín Botánico, recoñeceu que ``volveran ao principio´´ e que adecuarían o proxecto á situación actual, é dicir, unha versión algo máis modesta. A realidade, é que supón un proxecto científico necesario, mais a USC precisa vías de financiamento para o proxecto. Para 2019, e logo dunha reunión co alcalde Bugallo, o proxecto á beira do Sarela xa dispón de 43.000 m2 , polo que se forma unha Comisión integrada polo Ateneo de Santiago, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural. A proposta da Comisión, é que se retome o proxecto con implicación do Concello e Consorcio e o apoio da Administración pública, con vistas cara ao Xacobeo 2021.


Fontes:


- https://es.wikipedia.org/wiki/Jard%C3%ADn_Bot%C3%A1nico_de_la_Universidad_de_Santiago_de_Compostela


- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/05/20/usc-busca-entidades-financiacion-jardin- botanico/0003_201905S20C1992.htm (Consultado 06/02/2020)