Xacemento de Ramil

O xacemento de Ramil sitúase na zona norte do concello de Santiago de Compostela, na parroquia de San Vicente de Marantes. Máis concretamente ocupa un punto situado a media altura con dominio visual parcial do entorno. É un xacemento que contou cunha soa intervención, a intervención de urxencia polas obras da Rede de Gasificación de Galicia.

Non se tiña constancia da existencia dun posible xacemento antes de este momento, e non é ata os traballos de limpeza que se atopan os primeiros restos.

Estes compóñense de tres conxuntos de material cerámico nun área lineal de menos de 100 metros. Material cerámico que podemos datar de época prehistórica. Unha estrutura que lineal que poderíase considerar un pequeno foso delimitador, no cal se recuperaron restos cerámicos que confirman a súa adscrición crono-cultural, incluso a idea de que sexa unha fosa que limite unha zona habitacional.

No referente ós restos arqueolóxicos, documentáronse corenta e unha pezas, divididas en tres líticos, unha tegula (xunto co ímbrice unha das partes que conformaban os tellados romanos, a tégula era unha peza plana e cadrada que recollía a auga e a conducía cara os extremos dos tellados) e trinta e sete fragmentos cerámicos. A través destes materiais atopámonos cun xacemento que ten unha vida ocupacional bastante longa no tempo con pezas datadas dende a Idade do Ferro ata a Idade Media.

O material cerámico atopado corresponde a un mínimo de tres cacharros diferentes, todos eles de factura manual a través da técnica do urdido. Mentres que no caso da cerámica medieval so se documentou unha peza, a cal conta con decoración de acanaladuras concéntricas.

Ramil pode clasificarse como xacemento de tipo habitacional, un asentamento aberto, inda que as diferentes estruturas escavadas non acheguen información do seu uso, isto é debido ó pouco traballo que se puido realizar. O inicio da ocupación é un dato imposible de achegar con certeza, sen ir máis alá dunha aproximación de Prehistoria recente. Inda cos poucos datos que se manexan, Remil adscríbese a un xacemento pequeno ou ben a unha parte marxinal dun xacemento maior.


Fonte:

  • Parcero Oubiña, C., Cobas Fernández, I. (2005) La arqueología en la gasificaicón de Galicia 17: actuaciones en asentamientos prehistóricos en el entorno de Santiago de Compostela. Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Santiago de Compostela: Pp 21 – 26. [consultado o 01/02/2019]