Xacemento de A Pedra

A Pedra é un xacemento arqueolóxico situado na zona norte do concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa Cristina de Nemenzo. Máis concretamente na unión do río Sionlla e o Tambre. Non existían noticias sobre un xacemento en esta área ata que comenzan as obras da Rede de Gasifcación de Galicia.

No xacemento atópanse diversas estruturas de escavación con restos de cerámica. Os resultados obtidos das escavacións deron como conclusión a existencia e dous núcleos arqueolóxicos: Penouco e Agra dos Campos.

No sector de Penouco destaca a descuberta dunha estrutura que conten un nivel de queimado e un conxunto de cerámicas datadas de época prehistórica. O número de pezas ascende a vinte: oito lítico, tres fragmentos de adobe e nove cerámicas, unha delas decorada con motivos campaniformes, é dicir, decoracións de bandas horizontais de diferentes anchos e xeométricas (liñas, zig-zag ou puntos), realizados con punzóns ou unha roda dentada (unha corda, unha cuncha...). Materiais datados na Prehistoria recente, mais concretamente na Idade do Bronce.

Mentres que en Agra dos Campos os restos documentados son trinta e unha cerámicas: cinco bordes, un posible fondo ou base e vinte e cinco panzas. Dos cales solo oito presentan decoración.

Todo parece indicar que na área de A Pedra localízanse dous xacementos diferentes. O primeiro na zona de Penouco que é un xacemento asociado a material adscrito a Idade do Bronce. Trátase seguramente dun asentamento habitacional ó aire libre, do cal as obras revelaron unha estrutura doméstica de combustión e unha fosa.

Mentres que a segunda área, que ocupa a zona de Agra dos Campos, pode datarse, a través da cerámica, no Neolítico Final.

En suma o xacemento de A Pedra acolle a dous xacementos de épocas diversas, un do Neolítico final e outro da Idade do Bronce.


Fonte:

  • Parcero Oubiña, C., Cobas Fernández, I. (2005) La arqueología en la gasificaicón de Galicia 17: actuaciones en asentamientos prehistóricos en el entorno de Santiago de Compostela. Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Santiago de Compostela: pp 26 – 34 . [consultado o 01/02/2019]