Santa María a Real de Sar

  • Á orela do río Sar

O conxunto arquitectónico de Santa María a Real de Sar, exemplo singular da arte románica, está emplazado nas proximidades do centro histórico de Santiago de Compostela, nunha zona compostelá de profunda tradición, o barrio de Sar, onde cruza o río ao cal debe o seu nome, e sobre o que pode admirarse unha fermosa ponte de orixe medieval. Esta ponte románica servía de entrada a Santiago para os peregrinos que chegaban a Compostela tras percorrer o camiño do sur-leste (“Vía de la Plata”).

  • A historia de Sar a través dos seus testemuños

A pesar de que, nun principio, a construción do mosteiro de Sar tiña como propósito fundamental servir de casa de retiro para os cóengos regulares que se rexían pola regra de San Agustín, a súa participación na promoción da Ruta Xacobea e a súa atención hospitalaria foron moi significativas na historia das peregrinacións a Compostela.

A comunidade de Sar supuxo, ademais, un sólido apoio para outras fundacións ubicadas no entorno do Camiño Francés, como Santa María de Loio, na localidade lucense de Portomarín. Neste sentido, é moi significativa a colaboración activa de algúns cóengos agustinos que promoveron a fundación da Orden de Santiago no ano 1170.


  • Munio Alfonso: a iniciativa

A fundación do mosteiro de Sar está estreitamente vinculada á figura de Munio Alfonso, antigo membro do cabido da catedral de Santiago, fiel colaborador do bispo Diego Gelmírez e coautor, xunto co bispo Hugo de Oporto e Giraldo de Beauvais, da Historia Compostelana.

En 1112, Gelmírez propono como bispo de Mondoñedo, cargo que desempeñou durante vinte e dous anos sorteando numerosas dificultades, e ao que renuncia por vontade propia en 1134.

Tras deixar a sede mindoniense regresa a Santiago con un obxectivo: a fundación dun pequeno mosteiro rexido por unha comunidade de agustinos, para cuxa construción adquire un terreo nas aforas da cidade, nas inmediacións do río Sar. A súa muerte, o vinte e seis de xuño de 1136, impídelle ver cumprido o seu desexo; sen embargo, antes de morrer, encomenda a un gran amigo seu, e xa arcebispo, Diego Gelmírez, a realización do seu proxecto.


  • Diego Gelmírez: o impulsor

Diego Gelmírez, que por aquel entonces mantiña moi boas relacións coa influente abadía benedictina de Cluny, interésase polas novas tendencias espirituais de Occidente, como é o caso dos cóengos regulares de San Agustín. Coa fundación, no ano 1130, do convento agustino de Santa Cruz de Coimbra (Portugal) iníciase unha corrente de expansión de comunidades agustinas hacia o norte do río Miño. A zona de Sar elexida por Munio Alfonso é o escenario perfecto para a creación dunha congregación de cóengos rexida por esta regra. A súa constitución, ademais, satisfacía doblemente a Gelmírez, que así podía cumprir o último desexo do seu colaborador.

O un de setembro de 1136 fírmase o diploma fundacional (un dos documentos históricos conservados máis valiosos do legado cultural de Santa María de Sar) que será confirmado polo rei Alfonso VII o vinte de xullo de 1137. Isto supón a creación da primeira comunidade agustina de Galicia, que se suma ás novedosas e reformadoras correntes espirituais europeas.

Coa firme decisión de instaurar con éxito a fundación, Gelmírez fomenta as relacións entre os cóengos regulares e a sede compostelá, comprometéndose a manter os cargos e privilexios de aqueles cóengos da catedral de Santiago que decidisen trasladarse a vivir á comunidade agustina de Sar.

O papel do primeiro arcebispo compostelá foi, en definitiva, determinante para a creación deste novo priorado.


  • Influencias

A construción da igrexa medieval de Santa María de Sar empezou polas capelas da cabeceira, cuxas obras se iniciaron no segundo terzo do século XII, baixo o influxo directo do obradoiro de constructores da catedral de Santiago. O arcebispo Diego Gelmírez consagrouna antes da súa morte (1140) cando aínda non estaba totalmente terminada, xa que, con toda probabilidade, se remata nos primeiros anos do século XIII.

A referencia estilística ao Mestre Mateo (creador do famoso Pórtico da Gloria da basílica compostelá) será unha constante en anos posteriores. Deste modo, o obradoiro compostelá que se encargou da finalización da igrexa e da construción do claustro e as dependencias monásticas, nas últimas décadas do século XII e principios do XIII, evidenciaba unha clara influencia mateana.


  • Doazóns

O apoio da Coroa, mendiante a concesión de doazóns, exencións e privilexios á comunidade agustina, foi un feito común ao longo de toda a Idade Media, quedando recollido na documentación medieval de Sar, así como en algúns documentos de carácter xurisdicional, administrativo e hospitalario. Estas axudas reais e outras mais modestas aportaron os medios económicos suficientes para facer fronte á construción do mosteiro de Sar, e foron unha constante incluso despois de concluídas as obras. Á doazón realizada por Fernando II de León, en 1167, realizáronse outras de forma ininterrompida. En este sentido, un dos privilexios máis relevantes foi o concedido por Enrique II en 1378, quen perdoa á comunidade de Sar o pago do imposto rexio chamado yantar del rey, exención que foi confirmada por: Enrique III, Juan II e Enrique IV.

Outra das aportacións ao engrandecemento de Sar foi a incorporación de diferentes cenobios rurais que, dende finais do século XIV, foi promovida por algúns arcebispos de Santiago. Así, en 1390, prodúcese a anexión de San Esteban de Anós. Posteriormente, no ano 1405, á comunidade de Sar únense os cóengos regulares de Santo Tomé de Nemeño e os de San Xoán da Coba.

  • O declive

Nin as progresivas anexións nin o feito de que este priorado fose elexido como lugar de retiro de importantes personalidades lograron impedir o gradual declive de Sar, que comezou no século XVI, coincidindo co mandato de Jácome Álvarez (1505-1536), prior comendatario e arcebispo de Tarso. Foi durante este ocaso cando o priorado se converte en colexiata. Á debilidade da institución súmase, posteriormente, no ano 1548, a substitución dos cóengos de San Agustín por clero secular, feito que diminúe a posición prestixiosa que tiña a comunidade agustina.

Esta sucesión de acontecementos relacionada co funcionamento interno e a proxección sociolóxica de Sar coincide, de forma agravante, co comezo do deterioro da igrexa do mosteiro, no segundo terzo do século XVII, que se extende de forma progresiva, e moi rápida, ao claustro e dependencias monásticas.

A finais do século XVII e durante o primeiro terzo do século XVIII a visita a Sar dos arquitectos compostelás máis prestixiosos da época é constante. Os seus informes sobre a necesidade dunha urxente intervención, principalmente na igrexa, son continuos, pero a precariedade económica da comunidade impide a toma de medidas urxentes adecuadas. A aportación económica de algunhas institucións, como o mosteiro de San Martín Pinario, sería vital para a recuperación definitiva, no ano 1732, desta xoia do románico galego.


  • O esplendor barroco

Durante o século XVIII a colexiata de Santa María a Real de Sar goza dunha situación económica máis saneable e recupera unha notábel vitalidade artística e cultural. O esplendor do cerimonial sacro que caracteriza a liturxia católica da cultura barroca achega ao mosteiro a obra dos mellores ourives compostelás do momento. Fiel reflexo do rexurdimento económico, cultural e social é o feito de que o seu último prior, Pedro de Acuña y Malvar (1791), clérigo de gran formación intelectual, chegase a ostentar o cargo de deán da catedral e incluso a participar na vida política española do momento, ao ser nomeado, en 1792, ministro de Gracia y Justicia polo rey Carlos IV.

No século XIX, e mediante o Concordato de 1851 entre o Estado español e a Santa Sede, a colexiata, de novo nunha fase de certa decadencia, convértese nunha parroquia mais da arquidiocese de Santiago, e o seu edificio é declarado, en 1895, Patrimonio Nacional.


  • Sar hoxe

A historia recente da parroquia de Sar a protagoniza a propia freiría, que se converteu na promotora fundamental das distintas actividades socio-culturais levadas a cabo ao longo das últimas décadas nesta comunidade veciñal. A súa encomiable labor para a dinamización do barrio de Sar, na que ten un valioso papel a figura do párroco, fixo posible a creación de diferentes grupos de traballo de carácter artístico ou social.


  • A igrexa

O templo, orientado de leste a oeste, é de planta basilical, con tres naves, sin cruceiro, rematadas por ábsidas de plan octogonal. Conta con unha considerable amplitude espacial e está completamente abovedado.

A nave maior está separada das laterais por piares con semi-columnas que serven para soportar a presión exercida pola bóveda central, á vez que suxeitan e sosteñen os arcos que separan as tres naves, alzadas practicamente á mesma altura.

Por outra parte, tense constancia, según fontes documentais, da existencia no interior dun coro alto sobre a porta de entrada á igrexa, así como dun rosetón na parte superior da fachada principal que xunto co óculo, situado sobre a capela maior, formarían un sistema harmónico de iluminación para a nave central. A apertura de váns nos muros laterais completaba o correcto alumeado do templo, seguindo sempre criterios de funcionalidade e de búsqueda dun espazo místico e recollido para a oración. A reconstrución da igrexa no século XVIII supuxo, lamentablemente, a perda definitiva do coro e o derrubamento do rosetón da fronte, substituído polo actual van.


  • O exterior

O conxunto arquitectónico de Santa María a Real de Sar está constituído por tres espazos independentes e relacionados entre sí: igrexa, claustro e as antigas dependencias do priorado.

A igrexa é de cantería de granito e segue os canons estilísticos da época na que se construíu. Pode considerarse unha das obras máis interesantes e características do románico galego.

A cabeceira da igrexa está formada por tres ábsidas, unha maior e dúas laterais, de planta poligonal hacia o interior e semicircular ao exterior, excepto a central, que ten a particularidade de presentar un exterior tamén facetado. As tres ábsidas parten dun zócolo e articulan os seus alzados cun sistema de columnas integradas no muro, sobre bases áticas con podios, pero sen capiteis. Encima destas semicolumnas que atan o muro se erguen sendas columnillas de elegante factura, con finos fustes monolíticos e capiteis vexetais estilizados. Quizais obedezan estas columnillas sobrepostas a unha intervención posterior que buscou un maior embelecemento do exterior da igrexa.

O alzado das tres ábsidas remata nun aleiro sostido por canzorros de ornamentación e iconografía variadas. A súa decoración está en relación coa intensa actividade intelectual e cultural desenvolta na Compostela medieval. É o caso dos canzorros que están na ábsida central, con figuras humanas sedentes que suxeitan un libro nas súas mans. Tamén a cultura popular está presente, coa simpática figura humana que agarra con todas as súas forzas a un animal, cuxa identificación non é precisa. A ábsida meridional sólo conserva unha parte do aleiro orixinal e un canzorro. Os demais elementos (capiteis, canzorros e un fragmento de aleiro) son de recente incorporación, resultado das intervencións realizadas na igrexa polo arquitecto Pons Sorolla na década de 1960. Completa a cabeceira a ábsida norte, cuxo alzado tamén mostra dúas columnas integradas no muro sobre bases e podios. Para a ornamentación dos seus capiteis utilizáronse motivos vexetais e zoomorfos. Destaca baixo o aleiro a composición dun dos canzorros, decorado coa imaxe dun acróbata.


O muro lateral norte da igrexa articúlase cunha serie de elementos arquitectónicos que captan a atención do visitante, ademais do sistema de arcobotantes do século XVIII, que sosteñen o templo. Se trata dos seis contrafortes que reforzan o muro e que se unen mediante arcos de medio punto, semellante á catedral de Santiago, logrando unha maior estabilidade tectónica e un ritmo decorativo de gran beleza. As ventanas que rasgan o muro son de medio punto, decoradas con pequenas columnas acodadas, arquivoltas tóricas ornamentadas con bolas, enmarcadas por unha fina chambrana con decoración axedrezada. A porta románica que centra todo o lateral tamén presenta as habituais arquivoltas tóricas con chambrana, que enmarcan o tímpano liso, apoiadas en columnas acodadas, de fuste monolítico, bases áticas e capiteis que derivan da orde corintia. A decoración desta portada lateral concéntrase na cornixa, adornada con rosetas e outros debuxos xeométricos, e soportada por varios canzorros vexetais e de rolos.


A fachada principal do templo articúlase en tres rúas separadas por dous contrafortes, unha disposición que amosa a propia organización interna do espazo en tres naves. A rúa central destácase pola portada de tímpano liso, arquivoltas de medio punto, tóricas e entorchadas, de factura moi refinada. Os capiteis das súas columnas son máis estilizados que os da porta norte, que tenden a formas próximas ao obradoiro do Mestre Mateo. A parte superior da fachada foi reformada hacia 1732, perdendo o rosetón medieval (os seus restos consérvanse no claustro), que foi substituído por unha ampla ventá rectangular que ilumina a nave central. A rúas laterais tamén teñen ventás da mesma época para iluminar as respectivas naves do templo.


  • O interior

A calidade e o atractivo artísticos de Sar envolven toda a súa estrutura arquitectónica e se acentúan ao entrar no seu interior. O acceso ao espazo interno da colexiata comeza coa visita ao Museo de Arte Sacro, ubicado na zona barroca deste conxunto arquitectónico. A sucesión de feitos históricos vividos por esta comunidade queda recollida na serie de documentos, restos arquitectónicos, esculturas, ornamentos litúrxicos e pezas de ourivaría que configuran a colección do actual Museo de Arte Sacro; un significativo repertorio de pezas cunha ordenada liña argumental que confire a este conxunto artístico, máis alá do seu atractivo cultural, un carácter didáctico, ilustrativo e interesante sobre a historia desta comunidade agustina, dende a súa fundación como priorato, pasando pola súa transformación en colexiata e definitivamente en parroquia da arquidiocese de Santiago. A adaptación do seu discurso expositivo ás características do espazo, favorece a comprensión dos contidos expostos e facilita a súa vinculación inmediata ao momento histórico do relato narrativo da mostra. Para acadar este obxectivo foi fundamental o deseño dun percorrido que se articula a través de cinco espazos expositivos e no que tamén se integran o claustro e a igrexa.


  • Edificio residencial da colexiata de Sar. Exterior

O románico deixa paso ao barroco no exterior do edificio onde residían os clérigos. As antigas dependencias dos coéngos foron reformadas na súa totalidade durante o século XVIII. O interés decorativo desta fachada céntrase fundamentalmente na portada principal, realizada polo mestre beneditino frei Manuel de los Mártires en 1755, autor do proxecto.

Un sentido acentuadamente heráldico inspira o deseño da portada flanqueada por dous escudos. A porta está enmarcada por unha grosa moldura típica barroca, e na súa clave labrouse o emblema de Sar, coa imaxe do Cordeiro Místico. Unha inscrición corre ao longo do friso, informando sobre o prior que auspiciou as obras, neste caso, o señor Don Manuel Pérez de Guzmán “El Bueno”. Sobre a entrada hai unha ventá flanqueada por dous impoñentes escudos: á esquerda o de España, co toisón de ouro, e á dereita o do prior de Sar, Pérez de Guzmán “El Bueno”.

  • O Claustro

O obradoiro compostelá encargado de rematar a construción da igrexa puido, ao mesmo tempo, realizar as obras do claustro e das dependencias monásticas, traballos que se levaron a cabo durante a primeira metade do século XIII. Deste primitivo claustro medieval, ao redor do cal se organizaba a casa dos cóengos, só se conservan nove arcadas na súa parte norte, que discorren paralelas ao muro sur da igrexa. O resto do claustro desapareceu coa construción do actual, no século XVIII.

Na execución da coxía ou sección románica do claustro percíbese unha clara evolución estilística, e cronolóxica, cuxa variación é apreciable a medida que a construción avanza dende o lado leste hacia o oeste, no cal xa se entrevé a introdución dunha estética máis próxima ao gótico.

Os vínculos estilísticos entre o claustro medieval da catedral de Santiago e o de Santa María de Sar son tan próximos que se cree que algún dos seus artífices estaría relacionado co obradoiro do Mestre Mateo, cuxa pegada é máis evidente nos primeiros tramos de arquería.

A galería norte mostra a alternancia dos ritmos na disposición das arcadas que se organizan, ou ben intercalando un piar entre cada dous arcos, ou ben xustapoñendo os dous arcos sen piar entre eles. Se comparamos ambas fases, se poden observar algunhas diferenzas arquitectónicas e ornamentais. Así, na primeira parte, de maior riqueza decorativa que a segunda, destaca a abundancia de adornos con motivos vexetais e naturalistas nos seus capiteis, cimacios e arcos.


Os últimos tramos do corredor sofren unha suave evolución estilística, coincidindo co cambio de ritmo arquitectónico, que se confirma: na progresiva estilización da súa decoración vexetal, a moderación na profundidade do labrado, a reducción ornamental e a simplificación dos seus elementos arquitectónicos (capiteis, cimacios, arcos, etc.) A inicial vinculación mateana do claustro deriva nun claro goticismo propiciado polo carácter protogótico que impregna a obra do taller do Mestre Mateo, así como pola data de finalización, mediados do século XIII, sendo arcebispo de Santiago Juan Arias (1238-1266).


No centro do patio do claustro érguese unha fonte cuxa conca data do século XIII. Está construida nun bloque de granito e decorada con gallóns. A súa configuración evoca á situada no claustro da catedral de Santiago e que, según todos os indicios, procedería da que existía na desaparecida fachada do Paraíso (actual Azabachería).


Ao longo das coxías do claustro encóntranse diversas pezas relacionadas coa función orixinal deste espazo, a de lugar de enterramento. É o caso das laudas sepulcrais e sarcófagos (séculos XII-XIV).

Adosado ao muro sur da igrexa encóntrase o sepulcro do cóengo compostelá Bernardo Arias, falecido no ano 1291. No tramo seguinte obsérvase un segundo sarcófago, do ano 1368, cunha estatua xacente que, con toda seguridade, pertence a un dos priores de Sar, pero a súa identidade non se coñece. As formas desta figura, aínda sendo máis toscas e xeométricas que as do anterior sepulcro, sí gardan unha gran similitude coas da imaxe anterior. Así, por exemplo, ambos sosteñen no peito un libro pechado e as súas cabezas descansan sobre unha sinxela almofada.

Finalmente, unha ampla serie de laudas sepulcrais completan esta colección funeraria.

Xunto con estas pezas, hai unha selección de elementos arquitectónicos de gran interese artístico e cultural pertencentes ao antigo edificio medieval de Sar. Entre estes cabe destacar o fragmento do rosetón da fachada principal da igrexa, así como diversos capiteis, cimacios e dovelas do século XIII.

A visita ao templo pon o colofón ao percorrido.


  • A pegada do obradoiro da catedral de Santiago

Agás no abovedamento, a concepción estilística da igrexa de Sar, tanto no referido á arquitectura como ao ornamento interior, responde aos modelos usados polo obradoiro da catedral de Santiago de Compostela (non esquecer que o inicio da súa construción se sitúa no segundo terzo do século XII, en tempos do arcebispo Gelmírez).


  • Decoración escultórica

- Os capiteis. A diversidade de tendencias e estilos que se observa puido deberse á lentitude das obras do templo que rematarían no primeiro cuarto de século XIII, en tempos do arcebispo Pedro Muñiz. A ornamentación dos capiteis do testeiro, dunha maior riqueza decorativa que nas naves, presenta interesantes motivos vexetais, de entrelazos e incluso zoomorofs, como no caso da capela norte, que mostra capiteis con figuras de leóns. Todo isto é evidencia, de novo, do influxo do taller de Platerías, que realiza o cruceiro e as portadas da catedral compostelá durante a primeira década do século XII.

Esta supeditación artística á fábrica da catedral evoluciona a medida que a construción avanza. Advírtese a pegada do naturalismo mateano, cara a progresiva estilización dos motivos vexetais que da paso a un expresión máis próxima á gótica. O estilo do mestre Mateo é apreciable no traballo do obradoiro encargado de terminar a igrexa de Sar e a primeira fase constructiva do claustro.

- Os sepulcros. Dentro do interese artístico que, en materia escultórica, causa a igrexa de Sar, tamén ten un lugar destacado a amplia serie de sepulcros que aínda se conservan coidadosamente no seu interior. Todos estes corresponden a diferentes personaxes, máis ou menos relevantes, pero relacionados dun modo ou outro coa historia do priorado e, evidentemente, coa súa función orixinal como casa de retiro.

Os sepulcros, todos eles con estatua xacente, presentan un maior atractivo artístico que as laudas funerarias, máis sobrias.

O sepulcro máis antigo, xunto ao muro sur do interior da igrexa, corresponde a Bernardo II, arcebispo de Santiago entre os anos 1224 e 1237, quen tras rexeitar o seu cargo retirouse a Sar, onde morreu no ano 1240. Sobre a tumba que contén os seus restos, atópase a figura xacente, que constitúe unha das mellores pezas escultóricas compostelás de mediados do século XIII. O seu parecido con algunha das antigas esculturas funerarias do panteón real da catedral de Santiago a sitúan dentro do ámbito estilístico de comezos do gótico.

O muro norte da igrexa conta con outros dous interesantes sepulcros, que corresponden a Gómez González do Canabal, prior de Santa María de Sar entre os anos 1485 e 1505, e ao seu sobriño Jácome Álvarez, sucesor de seu tío no cargo até o ano 1536. A imaxe xacente de Jácome Álvarez, de excelente acabado e gran naturalismo na execución da súa labra, está considerada como unha das mellores figuras funerarias galegas da primeira metade do século XVI.

Ademais destas valiosas manifestacións escultóricas, sábese da existencia dun interesante repertorio de pinturas e esculturas, na súa maioría desaparecidas, que formaron parte do primitivo patrimonio da colexiata.


  • Os cinco altares primitivos de Sar

A igrexa de Santa María de Sar contaba con cinco altares, unha configuración que se mantivo durante o século XVI, según a descrición documental verificada no ano 1611. Na capela maior había tres altares. O altar maior estaba adicado á Virxe e mostraba un retablo de imaxes pintadas sobre táboa, destas só se sabe que unha correspondía a San Pablo, polo que é razoable pensar que estivo acompañada por outra de San Pedro.

Ademais do retablo, este altar maior acollía unha escultura da Virxe María, en madeira decorada e estofada, así como unha custodia, tamén de madeira.

Para a mesa do altar foi encargado, procedente dos famosos obradoiros de Limoges (Francia), un frontal románico de bronce, esmaltes e pedraría.

Todas estas pezas artísticas desapareceron trala renovación do templo no século XVIII.

A capela maior contaba con outros dous altares máis, o da dereita adicado a San Agustín e o da esquerda a San Blás, ambos representados mediante esculturas de pedra policromada.

Este conxunto completábase cos altares situados nas capelas laterais. O da capela lateral esquerda mostraba unha tabla pintada coa escena do bautismo de Xesús, e o da capela lateral dereita estaba presidido por un Crucifixo.

Por outro lado, as únicas pinturas que se conservan na igrexa están situadas na capela maior, e todo parece indicar que a súa realización data do século XVI. A pesar do gran deterioro no que se encontran, que dificulta a súa identificación, constitúen unha boa referencia estilística sobre a situación da arte pictórica no ambiente compostelá do seu tempo. Na parte central desta, sobre a bóveda, consérvase o fragmento da Virxe da Misericordia (1546), do cal só se pode contemplar a parte inferior da súa túnica e sobretúnica. Con todo, este retallo, de minuciosa factura, permite imaxinar a composición orixinal da obra, destacando as grandes dimensións da imaxe, cuxa cabeza podía alcanzar a metade da bóveda. Á súa dereita pode apreciarse unha figura masculina, en actitude orante, trala que aparecen varios personaxes. É moi probable que existise unha composición figurativa similar, e incluso simétrica, á esquerda da Virxe, pero non se conserva ningún fragmento desta parte.

A labor pictórica continúa nas arcadas, a ambos lados da ventá central da ábsida; á dereita desta encóntrase a figura de San Agustín e á esquerda a de San Blás, cuxa disposición iconográfica coincide coa dos tres altares da capela maior.


  • A pegada barroca en Sar

Estos cinco altares non se renovaron, a pesar do seu mal estado, até finais do primeiro terzo do século XVIII, debido á época de decadencia que vivía a comunidade de Sar, sin medios económicos e coas súas instalacións ao borde da ruína. A colaboración e a axuda doutras institucións monásticas permitiu á comunidade de Sar encargar, no ano 1730, o novo retablo maior da igrexa ao escultor e entallador santiagués Miguel de Romay.

Era a época de esplendor do barroco, cuxa espectacularidade non lle foi allea á colexiata de Santa María de Sar. As grandes cerimonias relixosas do momento requerían elementos acordes coa fastuosidade das celebracións barrocas. Cálices, cruces procesionais, incensarios, ostensorios ou relicarios son algúns exemplos das magníficas obras realizadas por moitos dos máis recoñecidos ourives compostelás dos séculos XVII e XVIII, como José Noboa ou Francisco Turreira, xunto con outros autores das escolas de prateiros de Toledo e Córdoba. En consonancia con esta suntuosidade e como complemento ao ritual sacro da época, encóntranse os ornamentos litúrxicos: capas, casullas ou os panos de ombros, todos realizados sobre exquisitas teas de seda bordadas con fíos de ouro e prata.


  • A inclinación de Sar: singularidade e atractivo

A acusada inclinación dos piares do interior da igrexa de Santa María a Real de Sar, elementos vitais para a correcta suxeición da estrutura deste templo, é unha das características máis singulares deste edificio románico e que se converteu nun dos principais atractivos do camiño.

En este sentido, foron varias as teorías existentes sobre este fenómeno cuxa orixe non se debe a unha soa causa. Todo parece indicar que é debido a diferentes factores como deficiencias na construción ou á natureza pantanosa do terreo onde se encontra o edificio, moi próximo ao río Sar. Así, por exemplo, cobra credibilidade que o factor da inclinación da construción fose a realización das naves laterais da igrexa a unha altura semellante á da nave maior, o que reduciu a función de contrarresto que estas exercen para soster a presión da bóveda central, e que sumado á pouca solidez do solo, contribuíu á perda do equilibrio.


  • Deterioro e conservación

O gradual aumento da inclinación dos piares da igrexa de Sar foi o factor determinante do seu progresivo deterioro. Os primeiros indicios do seu pésimo estado xurden en 1662, ano en que son visibles fisuras tanto na fachada principal do templo coma no coro. Isto fai que se plantexe apuntalar ambas partes. En 1669 o arquitecto Melchor de Velasco, informa sobre a urxencia de reparar, baixo risco de derrubamento, as bóvedas das naves central e laterais, e os arcos que suxeitan o coro. Ademais, o claustro e as dependencias monásticas tamén comezan a verse afectadas.

En 1690, outros dous recoñecidos arquitectos compostelás, Domingo de Andrade e Diego de Romay, elaboran un informe sobre a situación da igrexa, que, según a valoración de ambos, precisa dunha intervención inmediata. A precariedade económica que vive nestes momentos a colexiata só permite apuntalar, de xeito sucesivo, os elementos que ameazan con derrubarse.

En anos posteriores, os informes negativos sucédense ante o inminente estado de ruína da igrexa, suxeita, case na súa totalidade, por puntais de madeira. Fernando de Casas Novoa, un dos máis relevantes arquitectos do momento en Compostela, certifica en 1720 a necesidade de reconstruir a igrexa. Ante o empeoramento progresivo da situación, que afecta tamén aos aposentos cos cóengos e ao claustro, chégase incluso a contemplar a posibilidade de derruír a igrexa e construir outra nova, pero finalmente evítase a súa demolición reparándose definitivamente no ano 1732.

A reconstrución da igrexa de Sar permitiu a conservación até os nosos días de case a totalidade do templo medieval agás na metade superior da fachada principal onde se ubicaba o rosetón.

Posiblemente unha das incorporacións menos axeitadas, pero que na actualidade forma parte da singularidade do edificio, foi a construción dun sistema de arcobotantes, dispostos ao longo dos muros norte e sur da igrexa, que apuntalan o templo e evitan o seu derrubamento.

Nos últimos anos a igrexa de Sar precisou novas reparacións. Ademais das efectuadas polo arquitecto catalá Ferrant na primeira metade do século XX, cabe destacar as levadas a cabo na década de 1960 baixo a dirección do arquitecto Francisco Pons Sorolla e do historiador Manuel Chamoso Lamas, cuxos traballos se centraron basicamente na consolidación das estruturas do templo, retellar e limpeza do tellado.

Numerosas foron as actuacións que tiveron lugar na colexiata de Sar, pero, sen dúbida, todas elas fixeron posible que hoxe se poida disfrutar desta xoia do patrimonio artístico e cultural de Galicia. A súa igrexa, o único templo románico de tres naves que se conserva en Santiago amais da catedral, o seu claustro repleto de historia, así como o seu interesante Museo de Arte Sacro, gardan no seu interior unha excelente mostra das diferentes sensibilidades artísticas que incidiron en Santa María a Real de Sar dende a Idade Media, convidando ao espectador para que admire a súa gran beleza.


Bibliografía


Enríquez, A., García Iglesias, J. M., e Singul Lorenzo, F. L. (2000), Santa María la Real de Sar, Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, D. L.

Igrexa Santa María la Real de Sar

Arcobotantes da Igrexa Santa María la Real de Sar

Cabeceira Igrexa Santa María la Real de Sar