Ponte de Sar

A ponte de Sar é unha ponte de época medieval situada no barrio homónimo, sobre o río Sar. 

Denominación: Ponte de Sar

Tipoloxía: infraestruturas/enxeñaría civil

Cronoloxía: século XII

Etiquetas / Uso: 

Localización: barrio de Sar

Coordenadas: 42.87232779039788, -8.53592589185626

Propiedade: Pública

Mide 22 metros de longo e 3,5 de largo, cunha altura aproximada de 5 metros no seu punto máis alto. A ponte data do século XII, e arquitectonicamente é de estilo románico. Debido ao abundante caudal do río naqueles tempos, componse de tres ollos (o do centro de maior altura) e calzada en ángulo, construídos con forte e ben estruturada cantaría granítica. Ten peitorís a ambos lados da calzada con buratos de desaugadoiro na súa base. Augas arriba ten dous tallamares de sección triangular. No lado oeste da estrutura, a ambos lados da ponte hai senllas escalinatas que permiten o acceso ao río.

A ponte, situada a carón da colexiata de Santa María do Sar, encóntrase ao final da Vía da Prata, a antiga ruta que conectaba a cidade con Ourense e Castela, e que penetraba pola cidade a través da porta de Mazarelos.

Bibliografía:

Enlaces a datos e catálogos