Petroglifo de Correxíns

Está situado na actual parroquia de Figueiras, sobre un afloramento granítico do lado oeste do monte Pedroso, disposto prácticamente a ras de chan, cunhas dimensións aproximadas de 3x7 metros. Data da Idade do Bronce.

As figuras gravadas na roca son na súa maior parte círculos concéntricos de diferente tamaño, tendo case todos eles a clásica cazoleta no medio.

A composición máis interesante do conxunto mostra catro grupos de círculos concéntricos de diferentes tamaños unidos por unha liña que atravesa os seus centros. O grupo de maiores dimensións consta de 8 aneis, cazoleta central e 2 radios que unen o centro co exterior da figura atravesando os aneis.

Outras 7 combinacións circulares sen aparente conexión física repártense polo resto da rocha e van dende a máis sinxela dun só círculo ata unha que conta con 5 aneis.


FONTES