Peto de ánimas de Santiago Apóstolo

O peto de ánimas de Santiago Apóstolo é un pequeno recuncho reservado ao culto apostólico, de lembranza da súa morte e de devoción pola súa alma.

Denominación: Peto de ánimas de Santiago Apóstolo

Tipoloxía: Elementos relixiosos e de devoción popular.

Cronoloxía: Descoñecida.

Etiquetas: Lugar de culto.

Localización: Rúa do Franco, nº5.

Coordenadas: 42°52′44″N 8°32′42″W.

Propiedade: Comunal.

Información:

Este peto de ánimas, integrado e camuflado polos edificios que o arrodean, que semella, está emprazado nun baixo da da Rúa do Franco, preto da bifurcación que a rúa fai cara a Travesa de Fonseca.

O aceso ao conxunto, que máis semella unha pequena capela, realízase por medio dunha cancela negra de ferro con arco de medio punto. Unha vez no interior, é posible observar un pequeno retablo no que destaca a imaxe de Santiago Peregrino.

Nun dos laterais atópase unha placa de mármore na que aparece recollida a seguinte inscrición:

“LIMOSNA

PARA EL SANTO APOSTOL

QUE SEGÚN TRADICIÓN

PARÓ SU SANTO CUERPO

EN ESTE SAGRADO LUGAR”.

Dito isto, é necesario facer unha pequena explicación do que son os petos de ánimas e a importancia que teñen dende a súa existencia na cultura popular relixiosa.

Os petos de ánimas:

Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e da devoción polas ánimas máis extendidos por Galicia. Todos os construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural. O seu significado provén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida, moi arraigada na mentalidade popular galega.

A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas (ánimas) en pena que non atopan descanso no purgatorio, para que así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de asegurarse a propia.

Os petos de ánimas xurdiron a partir do século XVII como consecuencia das ideas da Contrarreforma, nun momento no que as ordes relixiosas espallan a idea do Purgatorio e da devoción ás ánimas. É por iso que dentro das construccións relixiosas populares, os petos de ánima son os máis evidencian a crenza no Purgatorio.

Aínda que non están ligados ao camiño de Santiago como os cruceiros (cos que gardan elementos en común), aparecen tamén ao longo do roteiro, especialmente no camiño portugués.

Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga Commons)(Lmbuga Galipedia) Publicada por/Publish by: Luis Miguel Bugallo Sánchez, Santiago Rúa do Franco. Catedral, CC BY-SA 2.5 ES.