Peregrinos Ilustres

Os monxes de Cluny en Francia e os Benedictinos en España construíron ao largo do Camiño de Santiago, igrexas, conventos, hospitais e hospedaxes pra os peregrinos. Aqueles peregrinos portadores de arte e de cultura dos seus respectivos países, e Compostela irradiaba a súa propia. O Arcebispo Xelmírez, creou escolas en Santiago, ás que os nobres de distintas nacionalidades enviaban aos seus fillos pra ser educados polo prelado.

O primeiro rei foi Afonso II o Casto no século IX, e a finais do mesmo, Afonso III o Grande, durante cuxos reinados construíronse as dúas primeiras igrexas, comezando Afonso VI a actual en 1075. San Luis, rei de Francia, entre outros do país veciño, o Gran Capitán que coas súas armas mandou facer a lámpada no camarín do Altar Maior, Don Xoán de Austria regalo o Gallardete que ondeou na Batalla de Lepanto e que consérvase no Museo de Tapices. San Francisco de Asís e Santo Domingo fundaron os seus respectivos conventos. Fernando III o Santo, Santa Isabel de Portugal, a raíña da seda e da luz. Os Reis Católicos fundaron o Hostal. O cardeal Roncali, despois de Xoán XXIII.

Poderíamos dicir que todos os reis de España e mandatarios, viñeron a Compostela pra darlle as grazas ao ``Patrón das Españas´´ e a pedirlle a súa celestial protección. A comezos do século IX, di o Códice Calixtino que o Apóstolo Santiago apareceuselle ao Rei Carlomagno, que viaxou seguindo o Camino de Estrelas, Vía Láctea, o Camiño de Santiago.


Fonte:

- Fuertes Domínguez, Guía de Santiago, sus monumentos, su arte, El Eco Franciscao (ed.): Santiago de Compostela, 1971

Afonso II de Asturias

Afonso III o Grande

Afonso VI

San Luis de Francia (Rei Luis IX)

Fernando e Isabel, os Reis Católicos