Pazo de Vaamonde

A casa-pazo de Vaamonde é un pazo construído no século XVIII en Santiago de Compostela, albergando na actualidade o Consorcio de Santiago.

Denominación: Pazo de Vaamonde

Tipoloxía: Arquitectura pacega.

Cronoloxía: Século XVIII.

Uso: Sé do Consorcio de Santiago.

Localización: Rúa do Vilar, nº59.

Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′41.6″W.

Propiedade: Consorcio de Santiago.

Áchase na zona vella da cidade, no cantón entre a Rúa do Vilar número 59 e a calella de Entrerúas, a máis estreita da cidade.

O edificio foi erguido no século XVIII, sobresaíndo de forma curiosa das casas da rúa, grazas aos soportais de arcos de volta perfecta que atopamos na planta baixa. Tamén se observan dous andares, onde o segundo ten balcón. Na fachada entre as fiestras podemos atopar un gran escudo. O petador da porta é obra do escultor Francisco Asorey (1889-1961), que tamén fixo a rechamadeira cristaleira da porta interior. No interior do pazo, atopamos unha escultura de madeira realizada por J. Rivas o 25 de Xullo de 1932.