Pazo de San Lourenzo

O mosteiro de San Lourenzo de Trasouto, denominado na actualidade como Pazo de San Lourenzo, é un complexo de edificios de orixe monástico que se encontra en Santiago de Compostela, en concreto na zona de extramuros, fora do recinto amurallado da cidade.

Denominación: Pazo de San Lourenzo de Trasoutos

Tipoloxía: Arquitectura pacega.

Cronoloxía: Séculos XIII - XIX.

Uso: Mosteiro; Actos concertados.

Localización: Rúa da Carballeira de San Lourenzo, nº12.

Coordenadas: 42°52′41″N 8°33′28″W.

Propiedade: Privada.

Aínda que as primeiras edificacións datan do ano 1216, vai a sufrir ó longo da historia unha serie de modificacións, sendo eremitorio e vivindo moitos anos dende a súa fundación con carácter de colexiata, é dicir, ocupado por canónicos. Os freires menores non chegan ata cerca de dous séculos máis tarde xa no 1392.

No medio de unha chea de fundacións motivadas polo desexo de recuperar unha vivencia máis estrita da regra franciscana. Convertese así nun dos primitivos conventos observantes da provincia de Santiago, e incluso chega a ser o máis importante da Orde de Santiago, tanto no século XV como a principios do século XVI, momentos no que se realizarían as ampliacións da sancristía.

Acabou de transformándose en un edificio de uso privado e pasándose a denominar pazo xa coa desamortización de Juan Álvarez Mendizábel, xa no século XIX e denominado no 1979 declarado monumento nacional.

En 2015, coa aprobación da Unesco da ampliación do Camiño de Santiago en España, co denominado ‘ Camiños de Santiago de Compostela: Camiño francés e Camiños do Norte de España’, España enviou documentación no que dentro do ‘ Inventario Retrospectivo -Elementos Asociados’ figuraría o Mosteiro de San Lourenzo de Trasouto como nº 848.

Sendo bispo de Zamora, Martín Arias, ó redor do ano 1200, e vendo chegar á hora do seu retiro, tras o permiso do papa para renunciar á súa sede, decide buscar en Galicia un lugar tranquilo , a súa terra natal e a pouco máis de un quilómetro da catedral do Apóstolo.

De esta maneira fundouse o eremitorio, que co tempo se transformaría en Mosteiro, onde se posee documentación da Bula da Fundación, que foi outorgada polo Rei Alfonso IX. Séculos máis tarde, para uns autores durante finais do século XIV, e para outros xa no XV, a incapacidade de manter economicamente o eremitorio, fixo que pasara a ser propiedade e patronato do cabildo catedralicio de Santiago de Compostela. Cedéndose en usufruto do Mosteiro ós franciscanos. Hai autores que consideran que nesta época a propiedade era xa dos Condes de Altamira.

A entrada de freires fixo necesaria unha serie de modificacións arquitectónicas, e de esta maneira iniciase a partir de 1392 unha serie de ampliacións e restauracións con reformas, que se estenderon ata ó século XV. A importancia do Mosteiro é tal que no 1520 o emperador Carlos I de España e V do Sacro Imperio retirouse alí a pasar a Semana Santa. No século XVIII realizase a ampliación do convento, engadindo novas celas, e nese momento é cando se inicia o mecenado do arcebispado de Antonio Monroy, que permitiu a construción dunha capela maior e o alargamento do cruceiro que se enlazaría coa planta orixinal.

Coa desamortización de Mendizábal, o edificio é incautado polo Estado. Tras unha disputa pola propiedade e que é recoñecida ó Conde de Altamira, os franciscanos abandónano e pasou ó Estado a facerse cargo do mesmo. Tras a disputa duns anos sobre o cargo da propiedade os franciscanos declinan a idea de volver, e é así como a Duquesa Medina de las Torres o restaurará e adaptará á estética dun pazo galego.

Actualmente o Pazo é explotado como complexo hoteleiro, ofrecendo variedade de servizos e incluso a posibilidade de celebracións privadas na igrexa, o claustro e os xardíns privados.


Bibliografía:

DÍAZ LÓPEZ, J. D. (2015).’El Pazo de San Lourenzo de Trasouto: de oratorio franciscano a retiro señorial. A Coruña: Guiverny’ ISBN 85-939-4498.

El antiguo convento de San Lourenzo de Trasouto en Compostela, El Correo Gallego. 2016.


Imaxes:

  1. LolaMento, Mosteiro de San Lourenzo Trasouto (lateral), CC BY-SA 3.0 ES.