Pazo de Raxoi

O Pazo de Raxoi sitúase na praza do Obradoiro, xusto fronte a fachada oeste da Catedral, tendo ós seus lados o colexio de San Xerome (actual sede do Rectorado da Universidade) e o Hostal dos Reis Católicos.

Denominación: Pazo de Raxoi

Tipoloxía: Arquitectura pacega.

Cronoloxía: Século XVIII.

Uso: Casa consistorial.

Localización: Praza do Obradoiro, s/n.

Coordenadas: 42°52′49.7″N 8°32′46.3″W.

Propiedade: Concello de Santiago.

Historia:

Este edificio mandouno construir o arcebispo Bartolomé Raxoi, un relixioso ilustrado que promoveu diversas construccións de carácter público na sede compostelana.

A finalidade principal desta edificación era albergar ós niños do coro, acólitos e sacerdotes, aínda que se empregou tamén como cárcere.

Na actualidade é a sede do Concello compostelano, do Consello de Cultura Galega e dalgunhas dependencias do goberno da Xunta de Galicia.

Arquitectura:

O Pazo de Raxoi é de estilo neoclásico e realizouse no século XVIII, obra dun arquitecto militar francés chamado Charles Lemaur. No momento da súa construcción xerou varios problemas co administrador do Hospital Real, xa que dicía que ese edificio quitaríalle a luz natural e a ventilación ó hospital.

A gran fachada mide uns 90 metros e dota ó edificio dunha marcada horizontalidade e equilibrio. O esquema é simétrico, ordenado mediante un frontón central triangular que representa con relevos a batalla de Clavijo (obra de Gambino e Ferreiro), e dous fontóns semicirculares nos laterais que descansan sobre grandes columnas de orde xónico.

Sobre o frontón triangular apóiase un grupo escultórico que representa a Santiago Matamouros, obra de José Ferreiro.

No nivel inferior hay soportais con cinco arquerías adinteladas no centro e dez arcos de medio punto a cada lado.

En canto á parte traseira do edificio, esta ten un aspecto moi diferente debido a dous factores: o gran desnivel de terreno e a cercanía da igrexa de San Fructuoso.

Por último é importante destacar que das paredes deste edificio colga unha gran pinacoteca, con obras de artistas de diferentes épocas e estilos, entre os que destacan Sorolla, Dionisio Fierros, Colmeiro ou Quesada.

Bibliografía: