Pazo de Congresos de Galicia

O Pazo ou Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia é unha grande infraestrutura destinada ao sector da organización e a acollida de eventos. Conta con diferentes zonas ou salas.

Denominación: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Tipoloxía: Edificios institucionais.

Cronoloxía: 1990 -

Uso: Eventos.

Localización: Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, s/n.

Coordenadas:

Propiedade: Descoñecida.

Foi proxectado polos arquitectos Alberto Noguerol e Pilar Díez na década dos 90. O edificio concíbese como un gran prisma baixo e pechado por grandes pezas de formigón. No centro, outro prisma forrado de pedra alberga dous auditorios enfrontados, sobresaíndo sobre o outro prisma, o que lle dá o seu perfil característico ao edificio. Arredor deste prisma interior, atopamos un vacío que funciona como antesala dos auditorios. Todas as salas de reunións de menor tamaño, así como a cafetería e os diversos despachos localízanse nos laterais maiores do rectángulo da planta. Os materiais interiores son diversos, como a pedra veteada, o metal, a madeira,…, destacando a cor natural dos mesmos.

Continuador da tradición de hospitalidade da cidade, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia é un referente nacional e internacional no sector da organización e acollida de eventos. A súa infraestrutura innovadora e polivalente, así como o feito de que se sitúe no final do Camiño de Santiago, unha das urbes con máis tradición cultural e turística de Europa, convérteno nunha opción inmellorable para a realización de calquera encontro.


FONTES