Paseo fluvial do río Sarela

O Paseo do río Sarela é un roteiro que acompaña o curso dun afluente do río Sar.

O paseo, que conta cuns 10km en total, discorre entre frondosas árbores, antigas fábricas de curtidos e pontes de madeira.

Denominación: Paseo do río Sarela.

Tipoloxía: Espazo natural.

Cronoloxía: Século XXI.

Etiquetas: Parque fluvial.

Localización: Ribeira de San Lourenzo.

Coordenadas: 42°53′6″N 8°32′59″W

Propiedade: Pública.

Trátase dun paseo fluvial que corre paralelo ao río Sarela, non moi lonxe do casco histórico, e que permite constatar a importancia histórica que na articulación do territorio tiveron os cauces fluviais. Son de destacar as pontes, os muíños, as fábricas de curtidos, etc., que articulan o paseo. O sendeiro está sombreado por diferentes especies de árbores.

A ruta completa, duns 10 km, vai dende a ponte do Romaño ata a ponte da Amañecida, aínda que se poden facer algúns tramos máis pequenos. Durante o paseo crúzase dun lado ó outro do río, grazas ás pontes e pasarelas. Este espazo permite deixar de lado a cidade por un tempo e sumerxirse na natureza.


Bibliografía: