Parque da Música

Aos pés do Auditorio de Galicia, nomeado así pola súa localización, e a beiras do río Corgo, áchase o Parque da Música, tamén coñecido como Parque do Auditorio, abarcando unha extensión de 28.000 m². Dada a súa proximidade a un conglomerado de facultades, o parque alberga unha activa vida universitaria.

Denominación: Parque da Música 

Tipoloxía: Espazo natural 

Cronoloxía: 1991   

Etiquetas / Uso: Parque Fluvial 

Localización: Avda. do Burgo das Nacións 15705 Santiago de Compostela - A Coruña 

Coordenadas:  42.88844708588747, -8.545004928835288 

Propiedade: Pública

Este gran espazo verde, caracterizado por amplas áreas de céspede e agrupacións arbóreas, foi inaugurado en 1988, adquirindo en 1991 a categoría parque de barrio. 

Entre as súas destacadas características atópase un estanque á fronte do Auditorio, con auga artificial -onde reflicte a imaxe do mesmo- rodeado dunha exuberante vexetación, un bosque de ribeira composto por diversas especies como cipreses e álamos, e habitado por patos e aves. Así mesmo, conta con estruturas, como a escultura Retrato Póstumo de Arsubanipal de Eugenio Granell, de 1993, cunha altura de 12 metros; Dolmen Novo Milenio de Silverio Rivas, do ano 2000; e a Capela da nosa Señora da Fonste, que data en torno ao século XI. Doutra banda, o recinto, idóneo para diversas actividades, dispón dun parque infantil, bancos, unha zona de picnic e fontes de auga potable, desde onde se poden contemplar vistas panorámicas da cidade. 

Bibliografía:

Enlaces a datos e catálogos