Muralla De Santiago

A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX, aínda que na actualidade se conservan algúns restos, sendo o maior o arco de Mazarelos.

Existen, así mesmo, algunhas partes ocultas polas casas actuais. A traza da muralla é claramente visíbel aínda sobre o plano da cidade antiga de Santiago, cuxo urbanismo veu determinado pola existencia desta fortificación.

Denominación: Murallas de Santiago.

Tipoloxía: Xacemento medieval.

Cronoloxía: Século XI - XIX.

Etiquetas: Monumento histórico

Localización: Casco histórico de Santiago.

Propiedade: Descoñecida

A primeira muralla que Santiago tivo foi a construída polo bispo Sisnando II no 968, a cal rodeaba a primitiva igrexa, a praza da Quintana e o convento de San Paio de Antealtares. Esta muralla foi unha resposta as ameazas das incursións normandas e as razzias musulmáns, sendo unha destas últimas, a de Almanzor no 997, a que destruíu esta fortificación xunto co resto da cidade. Na actualidade acháronse uns poucos restos desta primeira muralla zona de Acibecharía e durante as obras do Museo das Peregrinacións.

Xa a mediados do século XI, a permanencia da ameaza musulmán e normanda e a extensión dos poboamentos urbanos fora da zona do Locus Sancti Iacobi levaraian ao bispo Cresconio (1037-1068) a construír unha nova muralla, a cal tería forma de ril e mediría case dous quilómetros de largo, cunha altura interior de cinco metros,dispoñendo de torres e almenas cada poucos metros, aínda que non se sabe a forma exacta destas últimas.

A muralla non serviría só para a defensa, senón que tamén tería unha función fiscal, pois a través das súas portas controlábase o tráfico de persoas e o comercial, o cal estaba suxeito ao pago de impostos aduaneiros. Tamén debeu ter un papel importante a hora de controar as epidemias. Unha influencia que aínda se pode ver claramente e a que tivo no ordenamento urbano da zona vella da cidade, pois ademais de dar forma a urbe antiga, tamén estruturou as súas rúas a través das portas principais, a do Camiño, a Faxeira e a de Mazarelos. Tamén limitou a altura dos edificios, pois unha casa con mais de dúas prantas considerábase como un perigo para a defensa da cidade.

A unificación peninsular baixo a monarquía dos Reis Católicos e a seguridade que traxo, quitoulle case todo o seu sentido a muralla, a cal empezaría a deteriorase co paso do tempo, so recibindo unha revisión en 1596 debido ao perigo representado polas incursións dos corsarios ingleses, recibindo uns parches. No seu deterioro tamén influíu o feito de que, dende a Idade Media o concello da cidade soia dar en foro parcelas da muralla para uso particular, quedando en mans do dono o seu mantemento. Aunque oubo intentos pola parte dos veciños para reparala, tamén oubo partes da muralla que foron usadas como vertedeiro. O avance no uso da pólvora e a popularización dos canons acabaría por facer totalmente inservible as murallas. A de Santiago seria demolida no XIX ao presentar un obstáculo a expansión da cidade, a pesar do cal o seu contorno segue sendo visible, ademais de que algunhas casas foron construídas sobre partes desta, conservándose estes restos como "murallas fosilizadas".

Non so iso, pero tamén se pode identificar aun a localización das súas portas, as cales son:


-Porta do Camiño, situada fronte a rúa de Aller Ulloa. Esta era a porta na que desembocaba o camiño francés, sendo considerada por elo como a entrada principal da cidade, pola que entraban os príncipes e os nobres, e na se celebraba parte da toma de posesión dos arcebispos da cidade.

-Porta Faxeira, situada entre a Rúa do Franco e a Alameda. Nela desembocaba o camiño portugués, sendo tamén a porta de entrada do pescado e das mercancías provenientes dos portos de Pontevedra, Noia, Padrón e Fisterra.

-Porta de Mazarelos, situada no acceso a praza de Mazarelos. Por esta entraba o viño das comarcas do Ribeiro e o Ulla. E tamén a única porta que se conserva a día de hoxe.

-Porta da Mámoa, situada ao lado da cafetería Derby e fronte a praza de Galicia. Por esta porta entraban mercancías das areas do sur, e o seu nome podería vir dun enterramento megalítico que existiu nesa zona.

-Porta da Pena, situada xunto a rúa dos Loureiros. Por esta porta entraban peregrinos de Flandes e Inglaterra.

-Porta da Trinidade, situada ao final da rúa Carretas. Esta porta daba saida hacia Fisterra, e tamén daba acceso aos produtos hortícolas, o cal puido dar o seu nome a rúa das Hortas, que pasa por diante.

-Porta de San Francisco, situada fronte ao convento de San Francisco e xunto a facultade de medicina. Non hai documentación sobre esta porta, polo que se descoñece o seu uso.


Bibliografía:

-https://es.wikipedia.org/wiki/Muralla_de_Santiago_de_Compostela

-http://murallasdigitales.blogspot.com.es/2013/01/las-siete-puertas-de-la-muralla-de.html

-http://murallasantiagodecompostela.com/?idioma=_es

-http://abelgalois.blogspot.com.es/2009/12/muralla-de-santiago-de-compostela.html

-http://xurdemoran.blogspot.com.es/2014/02/las-antiguas-murallas-de-santiago-de.html

-http://xacopedia.com/puertas_de_Santiago

Imaxes:

  1. Enrique Íñiguez Rodríguez (Qoan), Arco de Mazarelos, CC BY-SA 3.0.