Mosteiro de San Paio de Antealtares

O Mosteiro de San Paio de Antealtares é un convento de monxas de clausura que se atopa na Praza da Quintana, ao lado da Catedral, en pleno centro monumental. Levantado no século IX, actualmente presenta un estilo Barroco polas reformas do século XVIII.

Denominación: San Paio de Antealtares

Tipoloxía: Edificios relixiosos.

Cronoloxía: Séculos IX - XVIII.

Etiquetas: Mosteiro; Convento.

Localización: Rúa de San Paio de Antealtares, nº23; Praza da Quintana.

Coordenadas: 42°52′50″N 8°32′35″W.

Propiedade: Orde de San Bieito.

Fundado por Alfonso II no 830 con 12 monxes benedictinos para coidar e dar culto ao recentemente aparecido sepulcro do Apóstolo. A actual apariencia pertence case totalmente ao século XVII e XVIII, a primitiva foi derrubada no século XIII.

Antes da apariencia actual tivo a súa historia: os RRCC ingresanno en S. Martiño Pinario e en 1495, a pugna de Gómez de Marzoa por crear unha escola para estudantes pobres, convirte o mosteiro na primeira escola compostelá e na orixe da Universidade de Santiago.

A praza que protexe un dos seus muros é a ,Praza da Quintana, a base de muros totalmente lisos: unicamente unha lápida en honor á formación do Batallón Literario, un movemento organizado por universitarios composteláns para a defensa de Galicia contra as Tropas Napoleónicas. Conta tamén con dúas filas de ventanas con reixas así como unha cruz branca na parede.

Na fachada oposta á Quintana atopámonos coa portería e no ángulo, a chamada “Porta dos Carros” ou “Da Borriquita”: representando o capítulo bíblico da fuxida a Exipto, coa Virxe sobre unha borriquita.

Tras a retirada dos monxes benedictinos en 1499, o mosteiro foi acollido por monxas de clausura e o convento foi dedicado a San Paio, un cativo galego que en Córdoba foi degolado polos musulmáns e martirizado. A súa imaxe degolada preside a fachada do templo.

A igrexa foi diseñada por frei Gabriel de Casas, cunha planta de cruz grega, destacamos no interior o retablo do altar maior, obra de Castro Canseco.

Grazas á Igrexa podemos acceder ao Museo da Arte Sacra, onde se conserva o primitivo altar que acompañaba ao sarcófago apostólico e que foi regalado por Xelmírez a este convento, substituíndoo por outro mais grandioso no interior da catedral.

É un edificio grandioso e compacto que conta gran parte da praza e é considerado un dos pilares da arte barroca galega así como centro de poder benedictinio.

As súas campanadas resonan diariamente no casco histórico e pódese escoitar os cantos gregorianos das monxas. Este mosteiro profesou mulleres da alta nobreza convertíndose no mosteiro feminino mais importante de Galicia. Así mesmo, contaba co apoio da Coroa e era o que mais propiedades e bens posuía.

A día de hoxe, participan no mosteiro 40 monxas. A súa vida transcurre co ensaio, o canto, hospedería, a residencia universitaria, a escola infantil, o Museo de Arte Sacro, o arquivo e incluo a repostaría.


Bibliografía:

· http://www.minube.com/rincon/monasterio-de-san-paio-de-antealtares-a3232#modal-36140

· http://www.santiagoturismo.com/monumentos/mosteiro-e-igrexa-de-san-paio-de-antealtares-11

· http://www.santiagoturismo.com/rutas/monasterio-de-clausura-de-san-paio-de-antealtares

· http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=3490&ctre=33

Imaxes:

  1. Graeme Churchard from Bristol (51.4414, -2.5242), UK, Santiago de Compostela, Spain-29 (8611614064), CC BY 2.0.