Mercado de Abastos

O Mercado de Abastos de Santiago, situado na rúa das Ameas, foi construido no ano 1942. Este edificio é moi importante debido a que foi a primeira vez que se lle deu un teito ós distintos comercios de Santiago, pero, para entender mellor a súa historia, hai que falar primeiro do seu predecesor, o Mercado da Cidade.

Denominación: Mercado de Abastos.

Tipoloxía: Mercado.

Cronoloxía: 1942 -

Uso: Comercio.

Localización: Rúa das Ameas, s/n.

Coordenadas: 42°52′48″N 8°32′28″W.

Propiedade: Pública.

A principios do século XIX en Compostela non existía ningunha edificación na que os comerciantes puideran ofrecer os seus produtos, polo que víanse obrigados a empregar a vía pública, sobre todo as prazas e os soportais; o pan vendíase na praza de Campo, os pescados e carnes en Mazarelos... Isto era un grave problema xa que os produtos ó aire libre, sen controis, podía chegar a provocar graves problemas sanitarios.

Outro factor que empurrou a que se realizara este proxecto foi a epidemia de cólera que sufriron moitos países europeos nesta época.

As novas correntes en canto a hixiene dos séculos XVIII-XIX fan que sexa necesaria a construción dun mercado que responda das necesidades do comerzo local.

En relación á tipoloxía construtiva dos edificios públicos, cabe destacar que na cidade de Santiago de Compostela predominaban os edificios de función relixiosa e de ensinanza, polo que é normal que esta praza recorde ás grandes basílicas ou a igrexas prerrománicas.


Evolución do Mercado:

No ano 1853 constrúese, no lugar que ocupa hoxe en día o mercado, un primeiro edificio cuberto destinado a pescaderías. Este primitivo edificio será o xermolo do que é hoxe en día o Mercado de Abastos.


A Praza de Abastos de Agustín Gómez de Santa María:

No ano 1870, coa adquisición das terras da Casa de Altamira que se situaban nesa zona, Agustín Gómez de Santa María fai unha proposta dun novo mercado.

Este proxecto plantexa unha praza de abastos organizada en cuarteis onde os postos colócanse en fileira. Consistía nunha malla ortogonal de grandes dimensións na que se situaban os numerosos postos (uns 400) agrupados en función ó tipo de produto e as necesidades sanitarias.

A edificación posuía unha base rectangular dun 94 metros de lonxitude bordeada por unha rúa de seis metros de ancho. Dispuña de catro rúas cubertas de cristal e outras catro descubertas, e, internamente, quedaba organizado en dez cuarteis: dous centrais e oito colocados simetricamente a ambos lados.

O conxunto construíuse con ferro e muros de mampostería. A cuberta era de vidro sobre entramados metálicos, e o tellado que cubriría os postos formaba unha aresta, facilitando así a saída de malos olores.

Este sistema construtivo resultaba moi novo fronte á arquitectura opaca e maciza do entorno, o que transmite a idea da importancia que tiña a cidade como centro rexional de abastecemento e consumo.

En 1879 detéctase unha problemática na cuberta, un defecto construtivo que provoca un gran deterioro da mesma. É por iso que no 1883 plantéxase a idea de restaurar o edificio, o que se considera inviable debido ó seu mal estado.

Como alternativa decídese construír un novo edificio da mano de Joaquín Vaquero Palacios no 1938.


A Praza de Abastos de Joaquín Vaquero Palacios:

A antiga praza adquire, a partir de 1942, un novo e definitivo aspecto. Pouco a pouco vaise derrubando o antigo mercado, aínda que se reaproveitarán algúns elementos como parte dos muros de mampostería.

As rúas abertas cubertas de vidro foron substituídas por longas naves de bóvedas peraltadas e pesados muros pétreos.

Vaquero Palacios reparte o espazo en oito naves, cada unha delas cun gran espazo central de paso, ó que dan os postos de venta.

Por último, é importante sinalar a influencia da arquitectura popular galega, da arquitectura prerrománica asturiana e da arquitectura coetánea na obra de J. Vaquero Palacios.

O Mercado leva funcionando tres siglos e, actualmente, é o segundo lugar da cidade máis visitado, despois da Catedral.

Bibliografía:

  • VARELA NOGUEIRA, A., "La plaza de abastos de Santiago de Compostela: evolución histórica e impacto urbanístico", SC+a: revista do C.O.A.G. Delegación de Santiago de Compostela, Nº 2., 2004, pp. 66-71.

  • Concello de Santiago, "La implantación del Mercado y sus complejas implicaciones en la morfología y la vida de la ciudad", pp. 95-97.