Marcas nas fachadas

Durante os séculos medievais foise producindo un proceso de concentración da propiedade inmobiliaria en mans das institucións eclesiásticas. A maioría destas casas arrendábanse a laicos e aos propios coengos e, nas súas fachadas, portaban un distintivo que permitía identificar o seu propietario, todavía visible na actualidade.

  • Cuncha: é o que máis chama a atención dos peregrinos, dada a súa vinculación co Camiño, sendo o símbolo máis común no casco histórico. Moitas veces aparecía acompañado das siglas STO. Os edificios marcados con este símbolo pertencían ao cabildo da catedral.

  • Pino: outro símbolo bastante abundante, sobre todo no barrio de San Pedro. Aparece flanqueado polas letras SM, marca do monasterio de San Martiño Pinario, que chegou a ser o máis poderoso de Galicia. O nome de Pinario ven, ao parecer, da gran cantidade de pinos que había no solar onde se construíu o monasterio.

  • Cinco estrelas: é o escudo de Alonso III de Fonseca, pasando a formar parte, co paso do tempo, do escudo da Universidade, cuxa creación impulsou Fonseca. Hai bastantes na rúa Carretas.

  • Pomba: símbolo do Espírito Santo, está situada nos edificios que eran propiedade da Cofradía do Espírito Santo, cuxa sede estaba situada no interior da catedral. Non hai moitas e están dispersas.

  • Cruz potenzada: situada nos edificios que eran propiedade do Hospital dos Reis Católicos. Tampouco hai moitas.

  • Cáliz: está situado nos edificios que eran propiedade do Concello, pois forma parte do escudo da cidade. Abundante en Galeras, na rúa das Rodas e en San Pedro.


FONTES