Lavacolla

O que hoxe coñecemos por Lavacolla non é o aeroporto de Santiago de Compostela, senón unha poboación que ten a súa historia moitos séculos atrás, dende comezos do Camiño de Santiago. As interpretacións da súa historia son variadas, todas se refiren á limpeza antes de entrar na capital, pero con diferentes modos.

Denominación: A Lavacolla.

Tipoloxía: Poboación.

Cronoloxía: Século XII.

Etiquetas: Aldea; Aeroporto.

Localización: Parroquia de Sabugueira.

Coordenadas: 42°53′59.22″N 8°26′48.02″W

Propiedade: Pública.

Comeza Aymeric Picaud na súa guía do peregrino do século XII, que pertence ao libro V do Códice Calixtino:

Fluius quídam distat ab urbe sancti Iacobi duobus miliariis, in nemeroso loco, qui lavamentula dicitur, id circo in eo gens gallica peregrina ad sanctum Iacobum tendens nos solum mentulas suas, verum etiam totius corporis sui sordes apostoli amori lavari solet, vestimentis suis expoliata.

"Un río que está a unhas dúas millas de Santiago, nun paraxe frondoso, que chaman Lavacolla, porque nel soe a xente francesa que peregrina a Santiago lavarse, non únicamente as súas partes, senon tamén, por amor ao Apóstolo, a suciedade do seu corpo, despoxándose dos seus vestidos".


Neste capítulo Aymeric fala da pureza da auga dos Camiños de Santiago e esta idea perdurará durante moitos séculos. Será no século XVII cando o peregrino Domenico Laffi, no seu viaxe dende Nápoles ata Santiago, falará do mesmo pero non do mesmo lugar, posto que el realizou o Camiño Portugués e non Francés. Relatará o seguinte:

Más allá del al Menar (Amenal) llego a una fuente en compañía de otros peregrinos, donde refrescamos bien, mudando los vestidos, porque sabíamos estar cercanos a Santiago.


Estos testemuños fannos saber a día de hoxe a tradición dos peregrinos de lavarse, tanto o corpo e co tempo os vestidos, antes da entrada a Santiago. No Camiño Francés tería lugar en Lavacolla, un nome que trouxo distintas interpretacións etimolóxicas do topónimo.

O significado era claro, era o lugar de limpeza previo para chegar o máis limpos posible (non só física, se non tamén espiritualmente) á tumba do Apóstolo e ocultar o cheiro provocado polo esforzo do Camiño. Así mesmo, podíase crer nunha mutua axuda entre as accións de Lavacolla coa función do Botafumeiro para mitigar o cheirume de centos e centos de peregrinos procedentes de toda Europa que chegaban diariamente á cidade e que, polo xeral, durmían na Catedral.

Para concluir, Lavacolla, a nivel topográfico, toma o nome dun pequeno regato que atravesamos e que a Guía Calixtina califica como Lava Colea, é dicir, que era necesario e obrigatorio o aseo ritual das partes baixas. Co tempo, isto cambiou e non fai falta hoxe en día realizar este acto. Hoxe en día si, lávanse, pero o básico, cara, mans e pés como rito de pureza espiritual e corporal.