Igrexa do Carme de Abaixo

Coñecida con ese nome para diferenciala da igrexa do Carme de Arriba situada fronte a Santa Clara, foi levantada ao lado do río Sarela na segunda metade do século XVIII sobre unha capela anterior, promovida pola Cofradía da Nosa Señora do Carme.

Denominación: Igrexa do Carme de Abaixo.

Tipoloxía: Edificios relixiosos.

Cronoloxía: Século XVIII.

Etiquetas: Igrexa.

Localización: Rúa do Carme de Abaixo, nº2.

Coordenadas: 42°52′52″N 8°33′7″W

Propiedade: Igrexa católica.

Estamos ante unha igrexa dun barroco que xa se aproxima ao Neoclasicismo, cuxos planos orixinais eran do arquitecto Lucas Ferro Caaveiro. Na segunda metade do século XIX, Baltasar Ferreiro añadiu un novo presbiterio, converténdose en cruceiro o presbiterio orixinal.

A fachada consta de tres corpos verticais enmarcados por pilastras. No primeiro sitúase a portada, no segundo sitúase unha hornacina cunha imaxe da Virxe do Carme, e no terceiro aparece un escudo enmarcado por un frontón semicircular. Presidindo estes tres corpos temos un campanario cadrangular flanqueado por volutas e pináculos. A tipoloxía da Virxe do Carme situada nesta fachada non é nada frecuente, pois mestura o hábito carmelitano coa iconografía propia da Inmaculada

O interior consta dunha nave de planta rectangular con linterna circular no centro. O altar maior, de estilo barroco, continúa o tipo dos realizados por Miguel Ferro Caaveiro.


Bibliografía: