Igrexa de Santa María Salomé

Esta igrexa atópase na Rúa Nova e foi unha das mandadas construír polo arcebispo Xelmírez no século XII. Desta época só se mantén a portada e algúns pequenos detalles máis.

Está adicada a Salomé, nai do Apóstolo Santiago e de San Xoan Evanxelista, que segundo a Biblia foi unha das mulleres que seguiron a Cristo e encontrábase ós pés da Cruz no momento da crucifixión. Esta é a única igrexa adicada a esta figura en toda España.

Denominación: Santa María Salomé

Tipoloxía: Edificios relixiosos.

Cronoloxía: Séculos XII - XVIII.

Etiquetas: Igrexa.

Localización: Rúa Nova, nº31.

Coordenadas: 42°52′42.59″ N 8°32′37.15″W.

Propiedade: Igrexa católica.

Como xa se sinalou anteriormente, esta igrexa foi construída baixo o mecenado de Xelmírez, pero falece antes de que esta sexa terminada, polo que foi fundada por Pelayo Abad en 1140.

A portada románica destaca pola triple arquivolta, sendo a central a máis importante. Está é de medio punto con baquetóns e chambrana con axadrezado, e encóntrase sostida por columnas con capiteis decorados, os cales representan cuadrúpedos enfrontados coas garras apoiadas no collarino. O ábaco representa rosetas de de seis, sete e oito pétalos.

Sobre a clave da arquivolta central destaca a imaxe sedente da Virxe do Leite, do século XIV, e a ámbolos seus lados as estatuas da Virxe en estado de xestación e o anxo da Anunciación, as dúas de estilo gótico (s. XV).

Por enriba consérvanse, aínda que bastante deteriorados, canecillos de figuración antropomorfa.

Esta entrada atópase guarecida mediante un pórtico aberto á rúa levantado no século XVI.

Posteriormente, xa no século XVIII, levántase o característico campanario, obra de José Crespo, que toma como modelo o de San Fiz de Solovio na inestabilidade de volúmenes e na decoración de placas.

As numerosas reformas que sufriu o edificio modificaron a planta románica orixinal, que sería de nave única e cabeceira semicircular ou rectangular, a diferencia da que hai hoxe que é cadrada con brazos que parten dos catro arcos de medio punto apoiados sobre pilastras estriadas.

Neste recinto hai dúas capelas góticas, as cales incorpóranse á nave principal no lado da epístola. A máis importante é a de Nosa Señora, fundada por Lope de Losada e Teresa Gómez Mosquera, de planta rectangular con bóveda sobre ménsulas. A outra ten un trazado similar.

No interior encóntranse importantes tallas barrocas da escola compostelá, destacando a dun anxo con trazos aztecas e gafas pola súa curiosidade.

En investigacións recentes atopouse un antigo claustro gótico que data de finais do século XIV ou principios do XV, do cal se pensa que formaría parte dun hospital de peregrinos.

Por último cabe destacar que nesta igrexa morreu, o 24 de xuño de 1862, María Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nai de Rosalía de Castro.

Bibliografía: