Igrexa de San Pedro de Fora

San Pedro de Fora é unha pequena igrexa-capela situada na entrada ao barrio compostelán de San Pedro.

Denominación: San Pedro de Fora

Tipoloxía: Edificios relixiosos.

Cronoloxía: Século XIX.

Etiquetas: Igrexa; Capela.

Localización: Calzada de San Pedro, s/n.

Coordenadas: 42°52′52″N 8°32′15″W.

Propiedade: Igrexa católica.

Na segunda metade do século XI construíuse a igrexa abacial de San Pedro de Fora, así chamada por estar situada na parte extramuros da cidade. Vinculada coa regra benedictina, foi absorbida a finais do século XV por San Martiño Pinario. Xeográficamente, está situada antes da chegada á Porta do Camiño polo Camiño Francés.

O actual edificio, que conserva algúns restos do anterior, construíuse na primeira metade do século XIX, cunha fachada de extrema sinxeleza, destacando os altares neoclásicos vinculados co taller de José Ferreiro. No atrio descubríronse restos que probablemente pertencen a monxes e peregrinos medievais, pois a igrexa era usada tamén como hospedería.


Bibliografía: