Igrexa de San Fructuoso

A Igrexa de San Fructuoso, tamén denominada "Das Angustias de Abaixo" ou "Igrexa das Catro Sotas", está situada moi próxima á Praza do Obradoiro, na Rúa da Trinidade, xusto detrás do Pazo de Raxoi.

Denominación: Igrexa de San Froitoso.

Tipoloxía: Edificio relixioso.

Cronoloxía: Século XVIII.

Etiquetas / Uso: Igrexa.

Localización: Rúa da Trinidade, s/n.

Coordenadas: 42°52′51″N 8°32′49″W

Propiedade: Igrexa católica.

Historia:

No mesmo lugar no que se encontra actualmente a igrexa, había no 1510 unha pequena capela chamada da Vera Cruz. Esta seguiu chamándose así ata que no século XVII un enfermeiro mandou colocar unha imaxe da Virxe da Angustia, que permanecería esquecida ata o ano 1750, data na que se comezaría a realizar o culto cara a ela.

Esta capela foi levantada grazas ás esmolas dos composteláns e por unha achega de agradecemento dun peregrino granadino que foi curado dunha grave enfermidade.

En 1754 comeza a construírse a actual igrexa baixo a dirección de Lucas Ferro Caaveiro, un dos principais arquitectos da cidade.

Arquitectura:

Esta obra inspírase na arquitectura de Fernando de Casas Novoa e na de Simón Rodríguez, algo moi característico da súa produción artística.

De Fernando de Casas toma a idea do deseño centralizado do espazo subordinado a unha gran cúpula, o gusto polas proporcións e o detalle, a decoración de tipo naturalista (coma os acantos das pechinas) e o arranque do tambor da cúpula, decorado cun friso de casetóns.

Do arquitecto Simón Rodríguez toma a idea de colocar xeometricamente os nichos dos lados do presbiterio e algunhas solucións da fachada, como por exemplo o xogo teatral de gañar volume a medida que a construción se eleva en altura ou a potenciación do eixo vertical.

En canto á fachada, esta divídese en cinco calles. As dúas laterais, de menor altura, están recorridas por unha pilastra que continúa despois na cornixa, coma si fora unha especie de pedestal, rematado nun pináculo cunha bola.

O tramo central, moito máis ancho, é onde se atopa a maioría da decoración. A porta atópase enmarcada por unha moldura que está á súa vez rodeada por outra que na súa parte inferior forma a ambos lados unha gran voluta. Sobre a porta encóntrase o nicho coa imaxe de Nosa Señora da Angustia, realizada por José Gambino, que está flanqueada por dúas columnas de fuste liso elevadas sobre pedestais que sosteñen un entaboamento con cornixa quebrada de onde arranca un frontón curvo e partido tamén. No interior deste frontón, un escudo co anagrama da Virxe.

Enriba ábrese un vano rodeado por un gran baquetón, e a continuación, o escudo de España.

Esta fachada atópase coroada cun campanario con cupulín, totalmente cuberto de decoración. A ambos lados deste, atópase unha balaustrada con pedestais sobre os cales se elevan esculturas das catro virtudes cardinais (Prudencia, Fortaleza, Xustiza e Templanza), obras de Gregorio Fernández e Francisco de Lens.

En cuanto ó interior, sábese que para o retablo maior fixeron planos Miguel Ferro Caaveiro e Luis Lorenzana, sendo os deste último os que se levarían a cabo polo escultor Gregorio Fernández, A cruz e a saba non serían obra deste escultor senón do fillo de José Gambino, Tomás Gambino.

En canto á escultura da piedade que preside o retablo atribúese a Antonio Fernandez pero non se ten documentación. O máis destacable desta obra é a súa calidade e que tende a unha composición piramidal, unha sobria policromía e a procura da plasticidade dos pliegues.

Nos pedestais que soportan as columnas do retablo hai dúas escenas ó óleo realizadas por Manuel Landeira Bolaño, que representan a Xesús camiño ó Calvario e a erección da Cruz.

En canto ós retablos laterais, simplemente destacar que foron mandados realizar por D. Antonio Crisóstomo Montenegro y Páramo, cóengo da catedral e administrador do Hospital Real. Este contrataría a Francisco de Lens, que acostumaba pedirlles a José Gambino ou Antonio Fernández que realizaran a escultura, pero como nesas datas xa faleceran os dous, pénsase que foron obra do seu fillo Alejandro.

Bibliografía: