Igrexa das Orfas

Situada na rúa das Orfas, a igrexa nace vinculada cunha institución que, a medio camiño entre unha casa de acollida e un centro de ensinanza, funda o arcebispo San Clemente a finais do século XVI. Máis concretamente, era un albergue para doncelas orfas.

Denominación: Igrexa das Orfas

Tipoloxía: Edificio relixioso.

Cronoloxía: Século XVII.

Uso: Centro Concertado de Ensinanza.

Localización: Rúa das Orfas, nº5.

Coordenadas: 42°52′42″N 8°32′39″W.

Propiedade: Colexio Ntra. Sra. dos Remedios.

O arquitecto cántabro Melchor de Velasco foi o autor da igrexa, realizada entre 1664 e 1669. Proxecta un edificio en forma de cruz latina de gran sobriedade. A portada barroca da igrexa mostra unha porta moldurada cun edículo cego no segundo corpo e o escudo do arcebispo como remate, todo isto enmarcado por columnas de orde toscano. Fray Gabriel de Casas realizará reformas no edificio a finais do século XVII.

O interior, dunha soa nave, é de gran sinxeleza. O retablo, de estilo rococó, foi realizado en madeira de castiñeiro por Francisco de Lens a mediados do século XVIII. Mostra catro grandes columnas, estando a figura da Virxe flanqueada por San Xosé e Santiago e debaixo de San Francisco (que xa non está), figuras talladas por José Gambino. Tamén é de destacar o mausoleo do cardeal Martín de Herrera, protector do edificio, realizado por Francisco Asorey a principios do século XX.

O campanario foi realizado por Fernando de Casas en 1714, e mostra un remate octogonal coronado por cúpula e linterna sobre unha planta cadrada, servindo como liña divisoria entre o colexio e a igrexa.


Bibliografía: