Igrexa da Universidade

A Igrexa da Universidade, tamén coñecida como a Igrexa da Compañía, atópase entre a Facultade de Xeografía e Historia e a Facultade de Filosofía da USC, na céntrica Praza de Universidade (a carón da Praza de Mazarelos).

Denominación: Igrexa da Universidade.

Tipoloxía: Edificio relixioso.

Cronoloxía: Século XVI - XVIII.

Uso: Sala de exposicións.

Localización: Praza da Universidade, s/n.

Coordenadas: 42°52′44″N 8°32′32″W

Propiedade: Universidade de Santiago de Compostela.

Historia:

O bispo Francisco Blanco fundou o templo en 1576 e, posteriormente, foron os xesuítas os que se encargaron de construilo. Pertenceu ó colexio da Compañía de Xesús ata que estes foron expulsados de España, momento no cal comeza a pertencer á Universidade (1769).


Arquitectura:

Nesta obra participaron tres arquitectos: Bernardo Cabrera, que realiza o cruceiro; José de la Peña de Toro, que constrúe a capela de San Xosé entre o presbiterio e o brazo sur do cruceiro, e, por último, Diego de Romay, que levanta o corpo das naves e a fachada.

O edificio responde ó tipo de templo xesuítico de planta de cruz latina inscrita nun rectángulo e con tribuna sobre as naves laterales. Está completamente abovedada e destaca a cúpula gallonada, xa que os baquetóns converxen na base da linterna creando unha especie de vieira. En cuanto ás naves, estas articúlanse mediante pilastras de orde toscana.

A fachada principal é simple, resultado do clasicismo das catro grandes pilastras toscanas sobre pedestais e a balaustrada pétrea.

Debido á marcha dos xesuítas, a fachada recibiu alteracións, e, onde antes estaban as esculturas de San Ignacio de Loyola e San Francisco Javier, na actualidade representan a San Pedro e a San Pablo. Este cambio de advocación xustificouse cun argumento antixesuíta, e non se sabe como reaccionaron os feligreses ante este suceso. As esculturas sitúanse en hornacinas e fan de marco do escudo real.

En canto á torre, esta non pertence á obra de Romay xa que é levantada en 1719. A súa planta rectangular con dous corpos decrecentes fai que se relacione co campanario de San Martiño Pinario.

O máis importante desta igrexa está no interior, xa que alberga retablos moi importantes e de gran valor artístico do barroco.

Retablo maior:

O retablo máis importante é o maior, realizado por Simón Rodríguez en 1727. Esta obra supuxo unha ruptura co clásico tanto no punto de vista estrutural como no ornamental, e se caracteriza pola búsqueda do movemento e os xogos lumínicos.

Neste retablo tamén participaron artistas como Diego de Sande, Miguel de Romay ou Ignacio Romero.

A forma da capilla era un problema á hora de realizar a obra, xa que era moi alta e moi estreita. O artista soluciona esta cuestión cun doble pedestal e a super posición de dous corpos con columnas.

Rodríguez concinbe a estrutura como unha división vertical en tres tramos e a horizontal en dous corpos. Cabe destacar o barroquismo do retablo xa que tende á verticalidade, froito de suprimir os elementos tectónicos (non hay entablamento que separe as partes).

Ornamentalmente, o retablo combina a decoración xeométrica e a figurativa. Xogos de deseños xeométricos aparecen ó longo do retablo, entre o que destaca o uso do cilindro e, en canto á figurativa, aparecen tanto minuciosos motivos vexetais como naturalistas froiteiros.

Destaca a figura de María na Asunción, colocada sobre unha gran esfera, tendo de fondo a apoteose de San Iganacio de Loyola. Para coronar o retablo, realízase un gran dosel que avanza, facendo ó espectador partícipe da obra.

Hoxe en día emprégase como sala de exposicións e como sede da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.

Bibliografía: