Dolmen de Zarramacedo

O túmulo de Zarramacedo foi localizado no ano 1993 mentres se visitaba un túmulo situado cerca.

Está situado nun prado da aldea de Zarramacedo na parroquia de Bando, concello de Santiago de Compostela. É considerado o monumento máis antigo de Santiago.

Denominación: Dolme de Zarramacedo

Tipoloxía: Xacemento megalítico.

Cronoloxía: Neolítico.

Etiquetas: Xacemento arqueolóxico; Túmulo.

Localización: Bando (Santa Eulalia).

Coordenadas: 42°52′36″N 8°27′22″W.

Propiedade: Privada.

No pasado contaba con un túmulo de terra e pedras o seu redor que hoxe está perdido, dado o seu mal estado de conservación non se pode asegurar a existencia ou non de estruturas integradas. A día de hoxe sábese que conta con oito dos nove esteos orixinais, posto que lle falta a tapa que foi retirada.

A planta da cámara é poligonal con tendencia elíptica. Na súa parte máis longa mide un metro e oitenta e cinco centímetros e esta orientada leste sueste; o seu eixe transversal acada o metro con cincuenta e cinco centímetros. A altura do monumento é imposible de coñecer porto que lle falta a tapa, pero sobresae ente un metro e vinte centímetros e setenta centímetros.

Non existen materiais arqueolóxicos asociados, pero foron localizado polos veciños restos cerámicos a menos de un quilómetro de distancia.


Bibliografía:

Imaxes: